ANPA do IES Río Cabe

Sorteo cestas pro-viaxe a Roma de 4º ESO

O próximo luns, 20 de marzo ás 11:15h, no salón de actos de Río Cabe terá lugar o sorteo das cestas, agasallo da ANPA do instituto, coas que o alumnado de 4º ESO contou para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. En caso de non aparecer os boletos premiados, farase un segundo sorteo. 

Agradecemos á ANPA a súa colaboración e implicación .

Actividades extraescolares propuestas pola Anpa curso 22-23

De cara ao próximo curso escolar 22-23 a Anpa do Río Cabe propóñenos as seguintes actividades extraescolares:

 

Seguiremos informando.

Carta informativa da nova ANPA do Río Cabe

A ANPA do Río Cabe desexa informar ás familias de que de novo retoma a súa actividade baixo unha nova directiva. Achegamos a súa carta de presentación no seguinte enlace.

I Concurso "Día das Nosas Letras"

Na tarde de hoxe, día 13, reuniuse o xurado do I Concurso "Día das Nosas Letras", convocado pola ANPA do centro. O xurado estivo formado polo profesorado do departamento de Lingua e Literatura Galega. Logo dunha longa e complexa deliberación acordou conceder os seguintes tres premios "ex aequo":
- "A despedida", de África Coba Albo (pseudónimo: Noite chuviosa), 1º ESO A
- "Dor", de Marina García Blanco (pseudónimo: Meiga), 4º ESO C
- "A tristeza", de Sandra Rodríguez Macía (pseudónimo:Sandy), 1º BAC A
 
Quedaron desertas as categorías de relato curto e poesía ilustrada, posto que os traballos presentados non contaban coa calidade suficiente a criterio do xurado.
O premio, consistente nun cheque por valor de 50 euros para gastar na libraría Agrasar, seralles entregado nun acto celebrado o 21 de maio.
 
Parabéns a todas as gañadoras!

 

OLIMPÍADAS ESCOLARES SOLIDARIAS EN MONFORTE

Onte, 12 de maio, celebráronse por 4º ano consecutivo as Olimpíadas Escolares Solidarias organizadas polas ANPAS do Daviña Rei, ColexioA Gándara  e ás que nos sumamos Río Cabe, Torre de Lemos,Ferroviario e Colexio Novo.

Foi unha xornada adicada enteiramente ós deportes, na que o noso centro destacou conseguindo unha copa que premiaba a consecución de tres ouros en fútbol, 2 ouros en atletismo e 1 ouro en voleibol.

Todo grazás ó esforzo e colaboración dos nosos alumnos e alumnas.

 

 

I Concurso fotográfico sobre a muller traballadora

O concurso, organizado pola ANPA do IES Río Cabe e o proxecto Donas de si (Plan Proxecta), ten carácter individual e está destinado a todo o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas de adultos.

A data límite para a entrega e o luns 8 de abril.

Facendo click na seguinte imaxe podes descargar e ver as bases do concurso:

 

Gañadoras do concurso de fotografía convocado pola ANPA

Estas son as alumnas gañadoras do concurso de fotografía "Cores de Outono" convocado pola ANPA do IES Río Cabe: Sofía Pavón (de 3ºB), Paula López (4ºA) e Marina García (4ºC).

As fotografías gañadoras son as seguintes:

 

 

 

Gañadores da III edición do concurso fotográfico organizado pola ANPA

O venres 23 de febreiro fixemos entrega, na entrada do Instituto, dos premios da 3ª edición do concurso fotográfico "As cores do outono" organizado pola ANPA do IES Río Cabe e coa colaboración desinteresada de Raúl e Hijos - Tien 21 na financiación dos premios otorgados aos gañadores.

A continuación podedes ver un par de fotografías dos/as premiados/as e as fotos gañadoras:

 

1º PREMIO: Carlos López Moral (3ºC ESO)

 2º PREMIO: Manuel Sánchez Touzón (3ºC ESO)

3º PREMIO: Carla Álvarez Rego (4ºA ESO)

 4º PREMIO: Iván Vázquez Regueira (3ºC ESO)

5º PREMIO: Zeltia Pérez Barrientos (1ºB ESO)

6º PREMIO: Gabriel Carvalho Mateos Carnal (3º ESO - PMAR)

III edición do concurso fotográfico "As cores do outono"

A ANPA convoca, por terceiro ano consecutivo, o concurso de fotografía entre o alumnado do Instituto, sendo o tema do mesmo "As cores do Outono". Facemos públicas a continuación as bases do concurso e lembramos que o prazo de presentación de fotografías remata o 1 de decembro de 2017:

Bases da III edición do concurso fotográfico: "As cores do outono"

Distribuir contido