Ciencias Naturais
O alumnado de Ciencias de primeiro de Bacharelato participa no GALICIENCIA 2018.
Enviado por Admin o Mér, 09/05/2018 - 06:22
O proxecto presentado polo alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo foi seleccionado para participar en Galiciencia, a maior feira científica da comunidade, que se celebrará en Ourense, do 9 ao 11 de maio. Está representado polas alumnas Lidia Barreira e María Bouso. Presentan o proxecto Rebinxe, para a recuperación da biodiversidade nos concellos de Mondoñedo, Abadín e Lourenzá. Galiciencia desenvolvese na Tecnópole de San Cibrao das Viñas e céntrase no cambio climático.
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2018/05/10/ourense-saca-armas-contra-cambio-climatico-galiciencia/0003_201805O10C2997.htm
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2018/05/02/galiciencia-2018-proyectos-ies-mondonedo-ribadeo/0003_201805X2C4996.htm
https://i.avoz.es/sc/tSokwLyH7W_b3mNjwDXU_mxMt_E=/600x/2018/05/09/001215... 600w, https://i.avoz.es/sc/bNaXCvFrw-fVCuRiYU_RhIayBYA=/900x/2018/05/09/001215... 900w" width="760" height="427">
Sen bioloxía non hai paraíso. Blog do alumnado de 1º de BAC
Enviado por Admin o Ven, 23/03/2018 - 10:57Programa Fitofaladoiro
Enviado por Admin o Xov, 29/06/2017 - 09:29
PROGRAMA FITOFALADOIRO
Este curso participamos por segunda vez no proxecto Fitofaladoiro, incluído no Plan Proxecta. O alumnado de 1º de ESO e algúns voluntarios/as de 4º de ESO recolleron mostras de plantas, que prensaron para a súa conservación, e entrevistaron a familiares e veciños para coñecer os seus nomes locais e os seus usos tradicionais.
A través da seguinte ligazón podedes acceder á información recollida durante estes dous cursos:
Proxecto Ríos
Enviado por Admin o Xov, 29/06/2017 - 09:23
PROXECTO RÍOS
O alumnado de 3º PMAR, Ciencias Aplicadas de 4º de ESO e Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato participou este curso no proxecto Ríos, incluído dentro do plan Proxecta. Fixéronse dúas inspeccións no río Valiñadares, unha en decembro e outra en xuño. A análise das súas augas deu como resultado un estado moi bo.
Estes datos empregaranse para elaborar un informe anual sobre o estado dos ríos de Galicia.
Aberto o prazo de preinscripción para o Campus Científico de Verán "XuvenCiencia"
Enviado por Admin o Mar, 25/04/2017 - 05:16Os alumnos de primeiro da ESO participan no programa "Mares de cultura, os nenos e o mar"
Enviado por Admin o Lun, 24/04/2017 - 05:47Os alumnos de primeiro de ESO participaron a pasada semana nas actividades desenvolvidas polo programa "Mares de Cultura, os nenos e o mar". Durante a xornada do martes 18 de abril asistiron a unha charla sobre recursos mariños e biodiversidade do entorno de A Mariña-Ortegal. As actividades completáronse cunha saída o xoves 20 de abril para descubrir a natureza da ría do Masma e a actividade do porto de Burela, en concreto a labor das redeiras.