Orientación

PROGRAMAS DE PRÁCTICAS FUAC

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é unha organización privada non lucrativa que impulsa cursos, mestrados, prácticas en empresas, autoemprego e outros proxectos de carácter benéfico - docente.

FUAC oferta aos centros educativos de Galicia, que imparten formación profesional, prácticas educativas remuneradas como unha forma de dárlles un impulso a súa carreira profesional.

Na seguinte ligazón podes encontrar toda a información necesaria. 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Na páxina de educación da Xunta de Galicia (https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual) aparece toda a información sobre as probas de acceso a ciclos (medio e superior), para o ano 2022.

Achego un calendario de acceso as probas do 2022 e un resume das condicións da proba de acceso a ciclo medio.

 

INFORMACIÓN SOBRE O GRAO DE TRABALLO SOCIAL (USC)

Achégase un documento con información sobre este grao universitario.

INFORMACIÓN SOBRE INGRESO NAS FORZAS ARMADAS (DISTINTOS ESTUDOS)

Información sobre o desempeño profesional e as diversas opcións de formación e traballo que actualmente ofertan as Forzas Armadas, como unha alternativa máis para os nosos estudantes que rematen os estudos de secundaria, bacharelato e/ou ciclos formativos (grao medio e superior).

Nos archivos adxuntos, aparecen:

1. Cartel con códigos QR con toda a información detallada sobre o acceso a calquera dos tres exércitos (terra, mar e aire), así como aos corpos comúns.

2. Notas de corte para o acceso do ano 2021 e anteriores.

3. Requsitos de acceso ás diferentes escalas.

 

Ademáis, será posible encontrar información adicional no seguinte enlace de internet http://www.reclutamiento.defensa.gob.es/

 

GUÍA INFORMATIVA SOBRE UNIVERSIDADES

Está guía está feita para que o estudantado preuniversitario coñeza todas as universidades públicas e privadas que temos en España. Ademáis, poderán encontrar información sobre os exames de acceso e admisión ás Universidades públicas, becas e información sobre aloxamento nas distintas provincias españolas.

Trátase dunha guía interactiva que enlaza aos recursos directamente dende a mesma. É totalmente gratuíta e está enfocada a resolver as dúbidas do alumnado.

 https://www.uniscopio.com/documentos/Guia-de-Acceso-y-Admision-a-la-Universi

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU

A continuación tedes a Convocatoria ordinaria de matrícula da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)

No Anexo I aparecen os Lugares de Entrega de Recollida de Documentación (LERDs)

No Anexo II aparece a Relacións de Comisións Delegadas coa asignación dos centros de Secundaria que corresponden a cada un delas.

No Anexo III está o horario das probas.

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS UDC (UNIVERSIDADE DA CORUÑA)

O vindeiro xoves 8 de abril haberá unha Xornada Virtual de Portas Abertas para amosar ao Futuro Estudante a oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria da Coruña.
As videoconferencias serán en liña con chats en directo. O horario da XVPA: será de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
Haberá tamén RETOS / OBRADOIROS  con sorteo de agasallos e un Punto de Información.

Haberá dúas videoconferencias do Presidente da CIUG, Pedro Armas, sobre ABAU/PREINSCRIPCIÓN 2021, ás 10:00h e ás 19:30h.

Animádevos a participar, o enlace é https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/

Distribuir contido