Orientación

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA DA U.S.C.

Os días 23, 24 e 25 de marzo do 2021 terán lugar os "encontros virtuais da zona da USC" dirixidos ós estudantes de ensino medio.

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non pode deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e, nesta ocasión, farao de forma virtual, a través da páxina Web da USC:

 

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Dende esta páxina poderán enlazar con todas as páxinas dos Encontros. Esta páxina xa está operativa e estará aberta de forma continua, aínda que están actualizando contidos.

 

Nesa páxina tamén se colocarán os enlaces para seguir en directo os actos de Inauguración e Clausura a través da canle de Youtube da USC.

 

O Acto de Inauguración terá lugar o martes, 23 de marzo, ás 12h., presidido polo reitor da Universidade. A continuación o profesor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC e director da “Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica” e do “Centro Nacional de Genotipado”, pronunciará a conferencia inaugural co título “Proxectos e ilusións”. Falará dos seus proxectos e ilusións.

 

O Acto de Clausura terá lugar o xoves, 25 de marzo, ás 18h. A escritora Érica Esmorís (Licenciada en Veterinaria no Campus de Lugo da USC) pronunciará a conferencia final co título “Non hai punto e final”. Falará sobre a elección de carreira: Elixir unha carreira e formación é importante pero non determinante ao longo dunha vida profesional.

 

Dende a páxina de entrada poderase enlazar coas páxinas dos centros (facultades e escolas). Nestas páxinas  haberá vídeos explicativos da oferta da USC, así como das ABAU e do Acceso:

 

o    Presentacións das titulacións

 

o    Opinión dos estudantes sobre a titulación

 

o    Pílulas relacionadas coa titulación

 

o    Enlaces para conectarse por VIDEOCONFERENCIA con profesorado e estudantado de cada titulación.

 

A través dese enlace o estudantado poderá falar por VIDEOCONFERENCIA con responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas. En cada enlace figurarán os horarios de cada unha destas videoconferencias.

 

INSTRUCIÓNS ABAU

Instrucións concretas para Galicia para a realización material da avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2021/22, dentro do curso académico 2020/21.

 

ACCESO INFORMACIÓN FP

A continuación tedes un acceso directo para ver toda a información relacionada cos Ciclos Formativos Profesionais (probas, familias profesionais, institutos onde se imparten os ciclos, titulacións, matrícula, validacións, acreditación, currículo, normativa...)

http://www.edu.xunta.gal/fp/

FEIRA VIRTUAL DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

Do 22 ao 24 de febreiro do 2021 celébrase a terceira edición de UNIferia, a feira virtual das universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos futuros estudantes cos Graos que se van impartir o vindeiro curso 201-22.

Funcionará como unha feira universitaria presencial, polo que poderá o alumnado pasear visitando os stands das Universidades Españolas presentes na feira.https://grado-uniferia.crue.org/

Tamén podedes ver a relación de graos que se imparten na UDC (Universidade da Coruña) e a vida universitaria, na seguinte ligazón https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/

PROTOCOLO ABAU 2021

A continuación tedes o protocolo de ABAU para a convocatoria 2021.

Tamén está publicado na páxina da CIUG    http://ciug.gal

 

 

INFORMACIÓN SOBRE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

A continuación aparece a información máis relevante sobre as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. Convocatoria 2021.

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS

 Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana "probas" do menú da páxina web de educación da xunta (ww.edu.xunta.gal) ou a través do seguinte enlace:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

A continuación podes consultar as datas das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior, da convocatoria do 2021.

Distribuir contido