Orientación

Servizo do Departamento de Orientación durante o coronavirus


Durante estes días intensos, todo o profesorado, alumnado, país/nais/titores legais que o precisen, poden poñerse en contacto co departamento de orientación para calquera dúbida ou consulta no correo: lorenagarciabarrosa@edu.xunta.gal.
É preciso que indiquedes o nome do alumno ou alumna e o curso no que está actualmente escolarizado.
Mediante a páxina web tentaremos ir actualizando tódalas noticias relevantes que vaian xurdindo en relación ca orientación.

Actividades do programa Catuxa sobre a violencia de xénero

Os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES San Rosendo participaron na actividade CATUXA “Achegándonos á violencia de xénero para desmontala”.

A finalidade desta actividade foi visibilizar a violencia de xénero para poder traballala desde o ámbito preventivo e así reducir o limiar de tolerancia cara ás violencias machistas a través de análises sobre o concepto da violencia de xénero, as causas e consecuencias.

 

A través do visionado de varios vídeos e diversas dinámicas nas que participaron de forma moi activa, a rapazada entendeu que é a violencia de xénero, como forma de exercer o poder e o control baixo o sistema patriarcal dun patrón cultural e social baseado na desigualdade. Tamén comprendeu onde está a súa orixe e como identificar os factores de aparición e perpetuadores de violencia, así como as súas consecuencias.

 

Conscientes de que a adolescencia é a etapa da vida na que os mozos e mozas aprenden as pautas de interacción que logo consolidan na vida adulta, resulta fundamental este tipo de actividades para identificar e frear os primeiros indicios de comportamentos abusivos nas relacións interpersoais, evitando que poidan derivar en condutas violentas de maior gravidade en posteriores relacións afectivas.

 

Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520

http://amariñaxa.com/2019/04/13/as-actividades-do-programa-catuxa-chegaron-a-mondonedo/

Plan de consumo de froita nas escolas. Froita fresca nos recreos!

 

 

Durante o mes de maio, a partir do vindeiro mércores 3, vaise repartir froita fresca nos recreos. A entrega farana os titores de cada grupo. 

 

Por que froita nas escolas?

 
O alarmante incremento de cifras de obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares en adultos levou á Comisión Europea a formular un plan para a promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás.

 

 

 

  

Orientación académica

     Entra para obter información sobre os distintos estudios e carreiras:

PINCHA AQUÍ

Alumnos do IES San Rosendo participaron no seminario "Habilidades para o éxito" patrocinado por Alcoa.

Estudiantes de bachillerato de San Cibrao, Xove, Burela, Mondoñedo y Rábade ayer en el seminario promovido por Alcoa.

Foto e nova en La Voz de Galicia. a Mariña

   Un total de 161 alumnos dos los institutos de San Cibrao, Xove, Burela, Mondoñedo e Rábade participaron no seminario «Habilidades para o éxito», patrocinado pola Fundación Alcoa. 

Blogs

Distribuir contido