Skip to Content

Vicedirección

Proxecto Deportivo de Centro - Recreos Activos. Curso 22-23

       Dentro do proxecto deportivo de centro durante o presente curso 22-23 realizaronse moitas actividades nos recreos activos: Voleibol, Badminton, Fútbol Saá, Paseball, Ultimate, Padel-praia, Datchball, e diversos contidos coreográficos como o Just-Dance dos recreos dos venres.

Gañadores do IV Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

  Presentamos as fotos gañadoras do concurso celebrado este curso 2022 - 2023:

     1º ciclo ESO: Claudia María Vérez e Lara Rivas (conxuntamente) por As "s" matemáticas e Portal matemático.
     2º ciclo ESO: Rita Figueroa Fuentes por (-∞,+∞), e mención honra para Hugo Alonso López: A importancia da xeometría.
     BACHARELATO: Sara Freire Blanco por Unha esfera no espazo, e mención de honra para Puerto Sainz Alzueta por Construción Funcional. 

O vindeiro curso presentaranse as bases para participar na V convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías estas vacacións. Bo verán e vémonos en setembro!

Clausura do club de xadrez. curso 2022-23.

   

     Clausura da temporada coa entrega dos diplomas aos participantes, así como ao monitor, Andrés Vázquez do Club Ferrolano de Xadrez. 
     Agradecemos a colaboración do Club neste proxecto iniciado este curso 2022-23 que esperamos teña continuidade nos próximos anos. Ademais do Torneo de Nadal no IES, participamos tamén no Torneo por equipos organizado pola Federación de Xadrez, no que acadamos o 2º posto.    PARABÉNS!
    Recomendamos escoitar a entrevista feita a socios do club na radio do IES.

Acto de Graduación de 2º Bacharelato 2023

 

 

     Este curso escolar decidimos realizar o acto de graduación no pavillón para que todas as familias poideran asistir.

     Coa colaboración de varios profesores e un grupo de alumnos de 2º Bach deu como resultado un acto emotivo, bonito e moi completo. Simplemente dar as grazas a todos os que o fixeron posible. 

            

Me presento...¡Con las TIC!

   

     Alumnado de TIC de 4º de ESO está a participar no proxecto eTwinning “Me presento...¡Con las TIC!”
     Neste proxecto o noso alumnado comparte información con alumnado italiano do ISC Rotella-Montalto delle Marche empregando as TIC.

     Realizan presentacións usando diferentes ferramentas dixitais (vídeos, presentacións, Padlets, cuestionarios, videoconferencias…) mellorando as súas competencias dixitais e practicando “foreigner talk”

Club de Ciencia. 2022-23

         Remata outra edición do Club de Ciencia, no que o alumnado do centro acompañado por profesoras de Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía estivo a realizar diversas actividades: traballaron con softcircuits deseñando tarxetas de nadal, elaboraron modelos de especies fosilizadas, reciclaron bolsas de plásticas para facer marcapáxinas e colgantes e deseñaron e construiron un robot que falaba e movía os brazos.

I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada

   

  O Club de Lectura de Novela Gráfica conxuntamente coa Biblioteca convoca o I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada onde todo o alumnado pode participar.

    Tedes as bases aquí e nos carteis que xa están colgados polos corredores do centro.

    Animádevos e participade: O prazo remata o 16 de xuño!

Visita do alumnado de Talentos Inclusivos a ASPACE Coruña

   

    O pasado 21 de abril o alumnado participante no proxecto Talentos Inclusivos visitou as instalacións de ASPACE Coruña.

    ASPACE foi fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral. A misión que ten é mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas e as das súas familias, poñendo a súa disposición os recursos necesarios para promover o seu desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades. Os usuarios que atenden repártense entre o Centro Educativo (de 3 a 21 anos), o Centro de Día (máis de 16 anos) e o Centro Residencial (máis de 16 anos).

    O alumnado visitou os tres centros, coñeceu a radio, o taller de cerámica, a piscina, a sala de estimulación... falou cos usuarios e levoulles o prototipo de App de mando de TV que están a facer.

Distribuir contido


by Dr. Radut