Skip to Content

Vicedirección

Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia"

   

   Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia". Como superar conflictos nesta etapa.

  Obradoiro impartido por Andrea Bachlian na Biblioteca do IES Sofía Casanova o martes 9 de Maio de 16:00 a 18:00 horas.

    Mais información nos Carteis adxuntos Imprescindible notificar asistencia a este correo: anpa.sofia.casanova@gmail.com

 

A biodiversidade que nos rodea

   

   O alumnado de primeiro de ESO participou no proxecto Make it Open cun escenario de aprendizaxe sobre A biodiversidade que nos rodea.

    Coordinado polo profesorado dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Tecnoloxía,

 coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, o alumnado: analizou a biodiversidade da zona, colleron sementes, xeolocalizáronnas nun Padlet, fixeron pequenos invernadoiros, construiron uns testos, crearon mini xardíns no instituto e realizaron repoboacións nun área deseucaliptizada do val de Doniños.

    Para levar a cabo este escenario, a parte das profesoras das materias do proxecto tamén colaborou persoal non docente do instituto e donos da área repoboada.
    Foi unha experiencia moi gratificante para todos os participantes.

                  Galería de imaxes
  

Mocidade coa lingua

     O pasado 30 de marzo, os alumnos de 2º e 3º da ESO acudiron ao Auditorio de Ferrol a disfrutar do concerto A Mocidade coa lingua.
   Nel, ademáis de escoitar a grupos doutros institutos, tiveron a sorte de ver en directo a AS FILLAS DE CASANDRA, un dos grupos galegos revelación este ano.

Observa_Acción

   

     Durante este trimestre un grupo de profesores e profesoras do centro estiveron participando na primeira fase do Programa de intercambio de experiencias OBSERVA_ACCIÓN publicado na RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
  

    O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

    A primeira fase deste programa realizouse entre docentes deste centro educativo e consistiu na observación da práctica docente e xestión da aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente.
    Na seguinte ligazón pódese consultar a memoria final.

Blended Learning 4 All!

   

    Profesorado do Sofía Casanova estivo esta semana en Lisboa participando no proxecto Erasmus+ Blended Learning 4 All! (BL4A).

    BL4A é un proxecto internacional que trata sobre o aprendizaxe mixto, combina o ensino presencial e o ensino online. Nel participa profesorado da Universidade Lusófona de Lisboa, do Európa 2000 Gimnáziun de Budapest, do Milli Egitim Müdürlügü de Mersin e do CFR de Ferrol.

   Nesta primeira formación traballouse o modelo de BL e amosáronnos ferramentas dixitais que podemos incluir no noso día a día.

Obradoiro de instrumentos música

   

     O pasado martes 21 de marzo, tivemos a sorte de contar no instituto, coa presenza de Emilio Romero Fabal, constructor de instrumentos e profesor no Padroado de Cultura de Narón.

    Explicou ao alumnado de 2º ESO a importancia dos instrumentos tradicional, a súa evolución e función. Ademáis ensinoulles a elaborar un CARRIZO.

    Desexando aprender máis cousas.

                                      Mil grazas, Emilio.

ESCOLA de NAIS/PAIS - OBRADOIRO de Benestar Emocional e prevención de conflictos

   

    O día 28 de Marzo, no IES Sofía Casanova, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar a primeira sesión do obradoiro.

    Este obradoiro ten o obxectivo de recuperar a Escola de Nais e Pais do Sofía e tratar un tema tan demandado hoxe en día como é a saúde mental dos nosos fillos/as.
    Os Obxectivos veñen descritos no cartel anexo e será Impartido por una psicóloga especialista de gran traxectoria, Andrea Bechlian.

    É necesario confirmar previamente a asistencia neste correo anpa.sofia.casanova@gmail.com para facer diferentes preparativos.
    Non hai límite de aforo.

   

Concerto didáctico adicado á música tradicional galega

   

     O 24 de febreiro, os alumnos de 2º ESO acudiron o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a escoitar e disfrutar dun concerto didáctico adicado á música tradicional galega. PABLO CARPINTEIRO ARIAS, PRESENTADOR E MÚSICA. ROSA SÁNCHEZ, CANTADORA E PERCUSIONISTA 

    "Neste concerto didáctico empréganse 43 instrumentos musicais galegos diferentes usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos.

    É un concerto que corresponde a nova disciplina da biomusicoloxía.  

Distribuir contido


by Dr. Radut