Skip to Content

Extraescolares

Cangas de Onís

   

     O días 3, 4 e 5 de abril, alumnos de 3º ESO do IES Sofía Casanova, acompañados polos profesores Julia de Partearroyo, Paco Dávila e Andrés Rodríguez Bergara, participaron nunha saída extraescolar a Cangas de Onís.
    O primeiro día visitaron o xacemento romano das Covas de Andía e realizaron unha actividade de sendeirismo nos Lagos de Covadonga.
    O segundo día, barranquismo, paintball, xincana de humor amarelo (pista americana, twister xigante, bubble soccer) e unha actividade nocturna de espeleoloxía.
    Quedou para a última xornada a baixada do río Sella en canoa.   

               Galería de imaxes

Visita a Cándido Hermida

        Os alumnos, acompañados polos seus profesores dos departamentos de Debuxo e Tecnoloxía das materias de Debuxo Técnico II, Electrotecnia e Tecnoloxía Industrial II de 2º de bacharelato, realizaron unha visita guiada á empresa Cándido Hermida no polígono industrial Río do Pozo en Narón, dedicada ao deseño, fabricación, subministro e montaxe de equipamento integral para instalacións de uso colectivo.

Cinensino

 

    O venres 14 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de ESO, acompañado polos seus profesores Silvia, Eva, Alberto, Antía, Ana, Andrés e José María, acudíu ao teatro Jofre a ver a película "Secretos de guerra" dentro do programa "Cinensino" para a prevención de consumo de alcol e outras adiccións no que, outro ano máis, participa o noso centro.

    A película aprendeunos que a amizade é un dos nosos catro grandes tesouros; que a liña que separa a súa consistencia da súa fraxilidade non depende so do esforzo cotián que fagamos por cultivala e que se as nosas decisións teñen esa mirada limpa coa que os nenos encaran o mundo seremos quen de anular o odio.

Agora, traballaremola nas titorías.

Recreos deportivos

   O día 1 outubro comenzaron no ies “os recreos deportivos”.

    De luns a venres durante os recreos realízanse diferentes actividades deportivas no pavillón cuberto: badminton , voleibol , palas , ultimate , c. coreográficos , floorball , patinaxe , fútbol mini.

Club de lectura de alumnos 2016-2017

   O día 11 de outubro, ás 14:15, comenza a nova edición do club de lectura.

Representación de "A enferma imaxinaria"

 

   Os pasados 24 e 26 de maio un grupo de alumnos deste centro representaron no Sofía Casanova e no teatro Jofre unha adptación da obra de Molière.

    Nesta representación participou un amplo equipo artístico e técnico dirixido po José Luís Paz.

      Ver máis

Graduación de 2º Bach 2016

 

   O pasado venres tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato.

 

Festival de teatro grecolatino

   

    O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO e de Latín e Grego de Bacharelato, acompañado polo profesorado destas materias, acudiu o martes 1 de marzo á representación de Electra de Sófocles e Asinaria de Plauto no teatro Colón da Coruña.

    Ambas obras foron representadas polo Grupo Párodos, premio nacional de teatro clásico do Ministerio de Educación, e formaban parte da programación do XVI Festival de Teatro Grecolatino.

    Todos os participantes nesta actividade quedaron encantados coa profesionalidade dos actores e ao remate das obras un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato foron aos camerinos para felicitalos polo seu traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut