Skip to Content

Extraescolares

ARJÉ TEATRO no Sofía Casanova

 

   O martes, 6 de outubro, ARJÉ TEATRO representará no salón de actos do Sofía Casanova NAI CORAXE, de Bertold Brech..

    Trátase dunha produccion de Fernando Querol baixo a dirección escénica de Javier de Melo.

    Podes consultar información sobre a obra e a súa representación no folleto adxunto.

Teatro

   

    O grupo de teatro do IES Sofía Casanova, dirixido polo profesor de matemáticas José Luis Paz, puxo en escena este mércores 27 de maio a obra de teatro de Carvalho Calero A farsa das zocas.

    A divertida obra, interpretada magnificamente por alumnado de Eso e bacharelato do centro, parodia as relacións familiares baseadas na avaricia.

    O vindeiro martes 2 de xuño será representada no Teatro Jofre dentro do ciclo de teatro escolar Teatro con G.

Fotos da función.

O club de lectura e o día da paz

 

    O pasado martes 10 de febreiro, os alumnos participantes no club de lectura, capitaneados por Pilar Berrio, estiveron a comentar a lectura de O diario de Anna Frank.  A presentación da actividade correu a cargo de Alicia e de Candela de 1º de bacharelato.

    A actividade inscribiuse dentro dos actos de celebración da xornada da paz e non violencia.

    Se queredes saber máis, non deixedes de visitar o blog da biblioteca

Antroido 2015

   

    Outro ano máis, o IES Sofía Casanova participou activamente dos actos do antroido a venres 13 de febreiro. Non so decoramos a entrada do centro coa axuda de Plástica e de Dinamización, senón que houbo moitas actividades.

     Os alumnos do 1º ciclo de ESO asistiron, en primeiro lugar, a un festival de comparsas onde poideron disfrutar das actuacións que prepararan os seus compañeiros coa axuda da súa profesora Ánxela Loureiro. Despois, participaron nunha "gymkhana" que organizaron as profesoras de Educación Física.

    Os alumnos de 2º ciclo de ESO participaron nos obradoiros que organizaran os seus profesores: houbo obradoiros de elaboración de papel de augas (como podedes ver na foto), obradoiros de matemáticas, de xogos na biblioteca, de informática, concursos de elaboración de estructuras con espaguetis e nubes na aula de tecnoloxía, obradoiro de reporteiros e moitas máis actividades.

    Nuns días, colgaremos as fotos na web.

Visita aos museos científicos coruñeses

   

     Os departamentos de Ciencias da Natureza e Física e Química organizaron o día 27 de xaneiro unha interesante visita aos museos científicos da Coruña.

     Pola mañá, acudiron á Casa das Ciencias e asistiron a unha sesión no planetario onde puideron observar o ceo da noite do mesmo día 27.

     Pola tarde, as visitas foron na Casa do Home e na Casa dos Peces. Na primeira viron unha reportaxe en 3D sobre a fabricación do Boeing 787 e diversas exposicións. Na casa dos peces realizaron un percorrido por todas as instalacións e puideron contemplar a hora da merenda das focas.

     Os profesores acompañantes foron os seus profesores Cristina, José, Lili e Luisa.

Visita ao parque de Sotavento

 

     Os alumnos de 3º de ESO, acompañados polas súas profesoras de Tecnoloxía, Eva, Bea e Teresa, visitaron o 23 de xaneiro as instalacións do parque de Sotavento.

    Alí puideron observar os detalles da enerxía eólica e o seu funcionamento que estudaran na aula. Ademais, visitaron on aeroxerador por dentro. A visita rematou coa visita a unha casa bioclimática, onde comprobaron as aplicacións das enerxías renovables.

Club de lectura de adultos

 

    Despois do descanso de Nadal, este martes 27 tivemos unha nova xuntanza do club de lectura de adultos. A sesión estivo adicada á nova novela de Javier Marías Así empieza lo malo. Plantexáronse interesantes observacións acerca da dúbida, do perdón e da memoria histórica.

     Na próxima sesión, que terá lugar na biblioteca do noso centro o derradeiro martes de febreiro, comentaremos o libro Conacho ,do noso compañeiro Guillermo Ferrández.

     Lembrade que se formades ou formastes parte da nosa comunidade educativa, estás invitado a participar no noso club. Achegádevos o noso centro e preguntádelle a algún dos membros da biblioteca escolar.

Esperámosvos.                                                                   Visita o blog do club

Concurso de adornos de nadal

 

 SOLIDARIZARTERECICLARTESOLIDARIZARTE

CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL

“árbore solidaria”

 

    Desde o departamento de actividades extraescolares e complementarias convidámoste a participar no concurso de adornos de Nadal para engalanar a nosa árbore do instituto que será unha “árbore solidaria, empregando materiais de reciclaxe que teñades na casa e tapóns de cores.

Distribuir contido


by Dr. Radut