Skip to Content

Extraescolares

Visita WORKSHOP-REPSOL

  O venres 24 o alumnado de 1º de bacharelato, xunto cos seus profesores da matemáticas, acudiron á Escola Politécnica Superior do Campus de Esteiro.

  Alí puideron asistirir a unha interesante exposición na que se amosaban traballos que xurdiron da colaboración entre Empresa e Universidade, tales como sistemas de localización en interiores, aplicacións das algas ou biocombustibles, entre outros.

Literaturizarte no Sofía

 

 Para continuar co traballo feito polos alumnos de EPV coas meninas e a reciclaxe que aínda podedes ver na exposición da entrada do centro, o equipo da biblioteca, capitaneado por Ana Seco, elaborou todo este itinerario lector sobre as meninas na literatura.

Podedes consultar  toda a información sobre as lecturas baseadas no famosísimo cadro de Velázquez. E se tedes aínda máis curiosidade, non dubidedes en acercarvos á biblioteca e preguntarnos como conseguir estas lecturas.

Reciclarte no IES Sofía Casanova

 Se te achegas ao noso centro estes días, poderás contemplar unha exposición de meninas feitas polos alumnos de 4º de ESO do curso pasado con obxectos reciclados.

 A actividade foi coordinada pola profesora de EPV María Lanza. Estes artefactos son os mesmos que decoraban as fiestras e as árbores de Canido durante a última edición das Meninas os días 5 e 6 do pasado mes de setembro.

Ver traballos

.

50 ANIVERSARIO

 O vindeiro mércores 18 de xuño ás 17 horas culminarán os actos de celebración do 50 aniversario da creación do instituto coa celebración dun Acto Académico que contará coa escritora e investigadora Ana Romero Masiá, ex-directora do centro, quen pronunciará a lección maxistral "De Camilo a Sofía". Asistirá o Alcalde da cidade, antigo alumno, así como representantes da Consellería e invitamos a compartir esta tarde a quen, por calquera motivo, tivera unha vinculación co instituto neste medio século de existencia (antigo alumnado, profesorado e persoal non docente)

GRADUACIÓN

 O pasado 30 de maio os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato celebraron a súa titulación, recentemente acadada, así como a despedida do instituto. Nun Salón de Actos ateigado, os novos Bachareis, as súas familias e o profesorado disfrutaron de actuacións musicais, vídeos e emotivas mensaxes, e os titores e titoras entregaron as orlas da promoción. Agora que dá comezo a gran aventura do futuro dende a que foi a súa escola de vida desexámoslles moita felicidade no porvir.

Ver fotografías.

Visita á Casa das Ciencias

O alumnado de 3º da ESO guiado polos seus profesores de Bioloxía e Química fixo unha viaxe cultural A Coruña onde  visitou a Casa das Ciencias.

Na presente ligazón podes ver fotografías desa visita.

Teatro no Sofía Casanova. "O TESTAMENTO DO TÍO NACHO"

 

 O próximo xoves 29 poderemos ver os resultados de todo un ano de traballo do grupo de Teatro do Sofía Casanova.

Será por fin a estrea de O TESTAMENTO DE TÍO NACHO.

Este martes puidemos asistir a unha pre-estrea no teatro Jofre, ofertada desde a Coordinadora de Equipas de Dinamización da Lingua aos centros de Ferrolterra. Os que xa puidemos asistir aseguramos que non vos defraudará . Ata o xoves!

Rastro solidario - Recollida de alimentos para a cociña económica.

Ó longo do mes de decembro realizaranse varias actividades de carácter solidario no noso instituto para as que se precisa  colaboración:

RASTRO SOLIDARIO O alumnado pode traer cousas que non utilice (CD, DVD, LIBRO, CÓMIC, VIDEOXOGO, BISUTERÍA) pero que aínda estean en bo estado para seren vendidos por un prezo simbólico. A recadación das vendas será entregada á Cociña Económica. Pode entregarse material ao longo da próxima semana (2-5 dec) en calquera recreo ás persoas voluntarias que estarán na entrada do instituto. A venda farase na semana do 9 ao 13.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA A COCIÑA ECONÓMICA Como xa é habitual recolleremos alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, conservas, legumes, aceite, leite, doces de Nadal, etc) nun carro que estará situado tamén na entrada do instituto.A data de recollida será do 2 ao 13 deste mes de decembro. Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut