O CLUB DE LECTURA visita RIBADAVIA: “Roteiro da Memoria”

Como remate das actividades do curso 20-21, o Club de Lectura do IES viaxou a terras do Ribeiro o pasado 28 de xuño, percorrendo algúns dos escenarios da novela lida pola rapazada lectora de 3º ESO, Memoria do Silencio, de Eva Mejuto. Pola tarde, houbo tamén espazo para os deportes naúticos no encoro de Castrelos de Miño.

Aquí tedes unha mostra de imaxes desa xornada para o recordo.

SAÍDA A ILLA DE ONS

O MARTES 29 DE XUÑO O ALUMNADO DE 2ºA E ALGUNHAS ALUMNAS DE 2ºB, 3ºA E 3ºB FORON PREMIADOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN NOS CONCURSOS DE BIBLIOTECA CUNHA SAÍDA Á ILLA DE ONS. ALÍ PUIDERON VISITAR O FARO E TIVERON UNHA DEMOSTRACIÓN DE COMO FUNCIONABA A ANTIGA LÁMPARA DE PETRÓLEO QUE O ILUMINOU ATA 1990 DURANTE MÁIS DUN SIGLO.

MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 21/22

DENDE XAO ALUMNADO QUE APROBOU TODO AGORA EN XUÑO PODE PASAR POLO CENTRO A FORMALIZAR A MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 21/22 

FIN DE CURSO 2021

 

O martes 22 o alumnado rematou o curso cunha actuación a cargo do profesor de música do centro. A despedida deste curso foi especialmente emotiva para a nosa comunidade, posto que ademais de despedir ao alumnado de 4º curso tamén tocou despedirse do profesor de música. Desexámoslles o mellor a todos eles para o futuro despois da súa etapa no noso centro.

 

Alumnado e titora de 4ºA

 

Alumnado e titor de 4ºB

 

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 1º ESO, ARTE CON MATERIAIS DE REFUGALLO

ESPECTACULARES TRABALLOS NA MATERIA DE PLÁSTICA!!! TODO LLES VALE, PINCHADE NA IMAXE E MIRADE QUE BEN O APROVEITAN!!!!!!!

VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN SOBRE EXIPTO NA CIDADE DA CULTURA

O pasado día 10,  o noso alumnado de 1º ESO puido visitar virtualmente a exposición sobre Exipto que hai na Cidade da Cultura

DÍA DO MEDIOAMBIENTE 2021

Para aportar o noso gran de area á loita medioambiental e celebrar o Día do medioambiente, organizamos coa participación de todo o alumnado e a gran maioría de profesorado unhas rutas de limpeza polo Concello de Outes o venres 4 de xuño. Pincha na foto para ampliar.

 

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 20 de maio que se pode consultar pinchando aquí convócanse as axudas para mercar material escolar (cheque de 50 €).

O prazo para solicitalas remata o 22 de xuño.  

COMBATE O VIRUS DA DESIGUALDADE

O alumnado de 3º ESO de Relixión participou no concurso de clipmetraxes de Mans Unidas "COMBATE O VIRUS DA DESIGUALDADE", e dous dos seus representantes estiveron no noso centro para agradecerlles a súa participación e bo traballo.

FINALISTAS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

CIBRÁN PIÑEIRO (1º ESO) E DANIEL MAYO (3º ESO) FLAMANTES FINALISTAS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO!!!!!

O SEU MÉRITO É ENORME, POIS COMPETÍAN CON MÁIS DE 100 PERSOAS ADICADAS MOITAS DELAS AO ESTUDO DO AUDIOVISUAL!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet