CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "BASTA XA"

NO TERCEIRO TRIMESTRE A COUSA IRÁ DE ESTAR ATENTOS A NOSA CONTORNA, PARA FOTOGRAFIAR TODOS OS ATAQUES AO MEDIOAMBIENTE E COA INTENCIÓN DE DENUNCIAR, CONSCIENCIAR E CAMBIAR OS COMPORTAMENTOS PERXUDICIAIS DALGÚNS PARA O NOSO FUTURO.

 

RECORDA QUE CONSENTIR É PERMITIR!

NO VÍDEO PODES CONSULTAR  A INFORMACIÓN DETALLADA.

FÊTE DE LA FRANCOPHONIE 2021

O venres 26 de marzo o alumnado de francés organizou unha festa da Francofonía que se celebra no mundo o 20M cada ano. O alumnado do centro puido comprobar que a presenza do francés é importante en todos os continentes grazas á exposición de traballos de 1º de ESO e a un vídeo do alumnado de 4º. Toda a comunidade educativa gozou dunha "merenda á francesa" a cargo do alumnado de 2º, 3º coa colaboración dalgunhas profesoras.

MERCI À TOUS DE VOTRE COLLABORATION!

 

 

 

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS DE FP

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

I OLIMPÍADA IUNIOR DE XEOGRAFÍA DE GALICIA

Parte do alumnado de 3º de ESO participou hoxe na I Olimpíada Iunior de Xeografía de Galicia que se celebrou en modalidade on-line debido as medidas derivadas da COVID-19. Foron 45 minutos intensos nos que houbo que contestar 50 preguntas tipo test de opción múltiple.

CHARLAS CLIMÁNTICA ACCESO

Podedes aceder a todas a charlas de Webinar sobre medioambiente neste enlace.

O próximo xoves 25 ás 16:30 UN CAMBIO GLOBAL HACIA LA ECOCIUDADANÍA.

 

CONCURSO ENTROIDO VIRTUAL 2021

Como xa sabedes, este ano o concurso de Entroido ímolo facer de xeito virtual.

As instruccións as tedes en Google drive, onde podedes acceder a través da vosa conta de correo do centro , a que termina en "@iespoetaanon.com".

 

Xa en google drive, tedes que facer click en "Compartido conmigo". Aparecerá un cartafol co nome "Concurso entroido virtual". Nese cartafol tedes as instrucións para a participación no concurso.  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! Guiño

 

CONCURSO ENTROIDO 2021

CONCURSO DE ENTROÍDO

Prema aquí para saber como optar os premios da biblioteca

O método de entrega é o mesmo que o do concurso xeral e poderán sumarse varios premios se o esforzo o merece.

HORA DE LER MARTES 9

Como saberedes o próximo xoves 11 e o Día das mulleres científicas e para celebrar e animar a participación das rapazas no mundo da Ciencia propoñémovos, para a hora de Ler desta semana, unha lectura sobre mulleres destacadas en distintos campos científicos.

Lectura

Enlace moi recomendable para as rapazas interesadas pola Ciencia.

"Las chicas somos guerreras..."

A semana do 8 ao 12 de febreiro teremos que seguir os MANDADIÑOS DO MECO!!!

  Xa chegou o ENTROIDO e con el un Mandadiño do MECO cada día. 
 
    A semana do 8 ao 12  de febreiro teremos que seguir as súas instruccións!!! 

FROITA PARA UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 

CONSUMO DE FROITA - ALIMENTACIÓN SAUDABLE !!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet