TEATRO EN INGLÉS: "HOTEL CANTERVILLE"

O pasado 27 de xaneiro achegámonos á Casa da Cultura para asistir á representación de HOTEL CANTERVILLE, unha obriña en inglés traída a Outes por FACE2FACE. que parece que gustou a tódolos asistentes. Lara de 1ºA e Ryan de 4º foron as estrelas da función nos papeis de Mr. Orange e Bob. Xunto a eles,  Cayetano de 1ºA e Iván de 2ºB cumpriron moi ben a súa tarefa de facer de "elevator" do hotel.

Aquí tedes algúns dos momentos da actuación.

VISITA DO ALUMNADO DE 4º AO CENTRO OCUPACIONAL DE ADISBISMUR

O Departamento de EPVeA segue a colaborar co Proxecto de Talentos de Outes, no marco dese proxecto o alumnado de 4º de ESO visitou o Centro ocupacional de ADISBISMUR para preparar unha nova curta sobre o talento dos usuarios do centro que desenvolven múltiples actividades.

 

 

 

 

O noso alumnado participará nun obradoiro de cestaría a cargo de usuarios de ADISBISMUR o próximo mes de marzo.

Estamos IMPACIENTES!

Para ver máis fotos visita o FACEBOOK da asociación https://www.facebook.com/adisbismur/

TALENTOS DE OUTES ENTREVISTADOS/AS POLO NOSO ALUMNADO DE 4

Pinchando en cada unha das imaxes poderedes ver os magníficos cortos-entrevistas que o noso alumnado fixo sobre estes catro TALENTOS DE OUTES.

MOITÍSIMAS GRACIAS AOS CATRO POR PRESTARSE A ESTA INTERESANTE ACTIVIDADE!

     

    

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 23-24

O ALUMNADO DE 4º QUE VAIA INICIAR BACHARELATO OU FP NO VINDEIRO CURSO 23-24 DEBE FACER A RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO NO QUE QUEIRA MATRICULARSE.

Máis información pinchando na seguinte imaxe. 

 

 Qué esconde la disyuntiva entre FP o Bachillerato?

O departamento de Xeografía e Historia participa no Porto do programa PIALE 2022

 

  

O pasado mes de novembro, un grupo de profesorado galego entre o que estaba Susana Álvarez, profesora do departamento de Xeografía e Historia deste centro, participou no programa PIALE, Programa Integral de Aprendizaxe de Línguas Estranxeiras, que ten por obxectivo promover o intercambio pedagóxico e a inmersión linguística en portugués.   

A experiencia, que se desenvolveu na Escola Clara de Resende do Porto, resultou enriquecedora e confirmatoria da oportunidade, que como galegofalantes temos na Lusofonia, agora que o plurilingüismo é unha das competencias de aprendizaxe ao cuidado do profesorado na nova lei educativa.

 

Visitamos as Torres do Allo

 

O alumnado de 4ºESO foi recibido no pazo das Torres do Allo, situado no Concello de Zas, que pasa por ser o máis antigo de Galicia, aínda que non teña o mérito de ser o exemplo de propiedade fidalga mellor conservada. Os seus elementos: a capela, o pombal, as terras, as casas das familias labregas…foron deslindándose co pasar do tempo. Mais é iso precisamente o que nos permite explicar a vida cotiá durante o Antigo Réxime en Galicia e o seu final. Visitar espazos patrimoniais axuda a entender mellor a nosa Historia

 

 

 

 

Arqueoloxía en Viladonga e o Lugo romano

 

O alumnado de 2ºESO participou dunha saída didáctica para visitar o castro de Viladonga e Lugo. En primeiro lugar, participaron nun obradoiro de arqueoloxía no que se familiarizaron co entorno dun xacemento arqueolóxico e elaboraron o seu caderno de campo medindo estruturas e lanzando hipóteses a partir dos restos encontrados nelas. A seguir, e guiados polo persoal do Museo do Castro de Viladonga, puxeron en común as súas ideas que non ían nada desencamiñadas. Temos bos e boas investigadoras no grupo!

Despois do xantar, completamos este percurso no Lugo romano para entender que foi alí onde dúas culturas se encontraron e influíron mutuamente. Comprobámolo na sala de exposicións Porta Miñá sobre a construción da cidade e a súa muralla. Despois, na Domus do Océano, baixamos ao rocho dun edificio da zona histórica para observar os alicerces dunha casa patricia inmensa, moi decorada e con calefacción!

 

O alumnado completou unhas tarefas sobre estes contidos e acabamos a xornada camiñando parte da muralla, que é Patrimonio da Humanidade desde 2000 por ser o mellor exemplo de fortificación do final do Imperio romano conservado en Europa.

Somos o que comemos e na Grecia antiga non eran menos!

 

Na aula de Historia, a través dalgúns petiscos que hoxe identificamos coa dieta mediterránea, tivemos a oportunidade de coñecer parte da alimentación habitual na Hélade, razoar xuntos que actividades económicas facían posíbel a obtención daqueles produtos e saber máis sobre cerámica grega e o seu uso nun banquete típico.

Tivemos unha aula ben saborosa!


PROPOSTA de LECTURAS DA BIBLIOTECA para o NADAL 22

Preme na imaxe para ver as últimas novidades da biblioteca. Propoñémoste que aproveites as vacacións de Nadal para levar algunha a casa.

guia nadal 22

 

HORA DE LER DO 2º TRIMESTRE DO CURSO 2022-23

Á volta das vacacións de Nadal retomaremos a actividade da Hora de Ler, recordade que nesta avaliacíon realizarase os martes.  Aquí tedes o enlace ao calendario.

Powered by Drupal - Design by artinet