MAGOSTO 2022

O venres 11 Día de San Martiño no IES POETA AÑÓN disfrutamos dun Magosto moi soleado.

 

Alumnas de 4º de ESO venderon deliciosos doces e coa axuda de traballadores do Concello puidemos tomar castañas asadas.

 

O alumnado, algunhas profesoras e o profesor de EF puideron probar as súas habilidades con moitos xogos populares.

 

 

 

A nosa directora vixiou dende as alturas

 

A profesora de música e o seu alumnado organizaron un karaoke de cancións populares galegas.

 

Ata houbo quen gañou un vale de 30 euros para gastar en roupa o tenda de deportes so por probar os distintos xogos.

Parabéns a todos os colaboradores da organización!

 

SEMANA DA CIENCIA NO IES POETA AÑÓN

Esta semana no IES POETA AÑÓN o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coa bibiloteca organizaron actividades de divulgación da Ciencia.

Exposición sobre mulleres científicas

 

 

Exposición micolóxica

 

 

Exposición de libros sobre Ciencia

 

 Concienciación medioambiental

65 TONELADAS

LECTURAS DE HALLOWEEN

O venres 28 de outubro o alumnado de 1º de ESO asistiu a unha sesión de lecturas de Halloween a cargo de alumnado de 1º e 4º de ESO.

 

 

Alumnas de 4º de ESO

 

 

Alumnos de 1º de ESO A

 

Alumnos de 1º de ESO B

COLABORACIÓN COA COFRADÍA DE NOIA NO PROXECTO "ECONOIA"

Estamos participando no proxecto ECONOIA coa Cofradía de Noia, elaborando un documental sobre o traballo de limpeza da nosa ría que está facendo este colectivo. Ese documental inclúe imaxes da limpeza e entrevistas ás persoas implicadas no proxecto.

O proxecto conta co apoio da Consellería do Mar e o documental resultante será proxectado na mostra Mares da fin do mundo o día 1 de novembro na Casa de Cultura de Outes. 

 

            

O NOSO ALUMNADO ACHEGÁNDOSE ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS AO TEMPO QUE TRABALLAN O AUDIOVISUAL

O alumnado de Plástica de 4º ESO, xunto con Tamara, participou no proxecto de achegamento ás embarcacións tradicionais, participación que tamén lles serviu para acadar coñecementos sobre a elaboración de cortos e documentais con dispositivos móbiles. 

Froito disto temos un documental que se proxectará o día 1 de novembro na Casa de cultura de Outes dentro da mostra Mares da fin do mundo. 

                                        

HORA DE LER DO 1º TRIMESTRE DO CURSO 2022-23

O vindeiro luns 19 comezaremos coa hora de ler, aquí tedes o enlace ao calendario.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022_2023 ACTUALIZADO

Aquí podedes consultar os libros de texto para o curso 2022-2023, aínda que recomendamos agardar a setembro para confirmar co profesorado de cada materia o uso do mesmo.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

Para a compra dos libros de francés en formato dixital consultade as instrucións dispoñibles na sección departamento de francés.

LISTAS ACTUALIZADAS EN SETEMBRO 2022 COS CAMBIOS E INDICACIÓNS DOS LIBROS DE 2º e 4º de ESO DISPOÑIBLES EN PRÉSTAMO. O PRÉSTAMO REALIZARASE A PRÓXIMA SEMANA.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO 

VIAXE DO ALUMNADO DE 4ºESO

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe a Cantabria entre o 24 e o 28 de xuño.

LECTURAS PARA O VERÁN

Preme na IMAXE  para ver polo miúdo algunhas das últimas adquisicións e novidades da biblioteca.

 

recomendaci´pons verán 22

 

Non esquezas que  podes levar libros e/ou películas para o período estival!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet