Actividades

ENCONTRO DE CLUBS DE LECTURA no IES Leliadoura de Ribeira

Os Leliadouros do IES Leliadoura (RIbeira) e os Laretas e Laretiñas do Poeta Añón    (Outes) xuntámonos en Ribeira para compartir xantar, experiencias, recomendacións lectoras e visitar algúns dos recunchos máis fermosos do concello.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES da SEMANA CULTURAL

Un pequeno recordatorio para toda a comunidade do IES POETA AÑÓN:

CONCURSO "MULLERES VIAXEIRAS": ENTREGA DE PREMIOS

BRAIS ROMERO e

  SAÚL SÚAREZ

ADIVIÑA PELÍCULAS: PAZ e NON-VIOLENCIA

Aquí tedes a primeira proposta para esta semana (pode participar toda a comunidade: alumnado, profes, pais e persoal non docente).

Nesta folla recóllense 42 fotogramas correspondentes a outras tantas películas.Todas elas están na BIBLIOTECA do noso centro

Sabes cales son os títulos?  SI? Pois xa estás pedindo na conserxería a folla para escribir as respostas. Lembra que:

  • A participación é individual (aínda que te poden axudar)
  • Debes escribir o teu nome completo (e curso, no caso de ser alumno) na folla das respostas
  • Tela que entregar na biblioteca antes do 1 de febreiro.
  • Non importa que non coñezas os títulos de TODAS as películas. Gañará a persoa que máis títulos acerte.
  • Entregarase un ÚNICO PREMIO.

ÁNIMO E A PARTICIPAR!!

30-X DÍA DA PAZ: PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Como xa sabedes, o 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia. Para este curso propoñémosvos unha serie de actividades que, cando menos, esperamos que vos fagan reflexionar sobre o tema.

Deixamos aquí as propostas que terán lugar ó longo da semana nas aulas e na biblioteca do centro.



 

UNHA MASCOTA PARA A BIBLIOTECA

Levounos varios anos conseguilo pero, POR FIN!!!, parece que as musas deron unha volta por Outes co fin de inspirarvos á hora de buscar unha IMAXE e un NOME para a nosa mascota.

A dicir verdade, xa no curso pasado, o personaxe que aquí vedes, creado por MOISÉS ROMERO LESTÓN -alumno de 4º ESO- foi seleccionado como mascota da biblioteca. MASCOTA BIBLIO AÑON

Só lle faltaba un nome axeitado. Por esta razón o pasado mes de outubro convocamos o concurso "DAME un NOME" , no que a proposta de IRIA GARCÍA GARCÍA (de 3ºA) coa súa historia "LARETAS" foi a gañadora, recibindo como agasallo un lotiño de libros.

Se queres saber máis sobre LARETAS, pincha na imaxe inferior. Poderás ler tamén as propostas de outros alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO.

BENVIDOS Ó CURSO 2010-2011

Xa estamos aquí outro ano máis. Despois do paréntese estival esperamos que todos (alumnado novo, as caras xa coñecidas e mesmo aqueles que lle colleron cariño o centro e non queren marchar) veñades coas pilas cargadas. Alomenos o equipo da Biblioteca ven cargado de NOVAS IDEAS  para este curso.


De entrada  dirémosvos que imos centrar as actividades deste ano no mundo do COMIC...


OS PERSONAXES DA IMAXE (E OUTROS MOITOS) VAN INVADIR O NOSO CENTRO.


SODES QUEN DE IDENTIFICALOS??


MARVEL UNIVERSE


 


 


 


IV CONCURSO GASTRONÓMICO "IES POETA AÑÓN"

QUE SE BOTEN A TREMER OS FERRÁN ADRIÁS E ARGUIÑANOS DESTE PAÍS!!.

O noso centro ven de celebrar o seu concurso gastronómico anual. Imos xa pola 4ª edición e o nivel cada vez é maior. Temos unha canteira de auténticos mestres dos fogóns e fornos. Como mostra, aquí tedes esta presentación con imaxes dos pratos concursantes e dos larpeiriños e larpeiriñas que por alí se acercaron a degustar as exquisiteces preparadas nas cociñas de Outes.  

ESTES FORON OS GAÑADORES:

Na categoría PRATOS SALGADOS:

  • 1º PREMIO: PESCADA Á MARIÑEIRA de Manuela (profe)
  • 2º PREMIO (ex aequo): CANELÓNS DE ESPINACAS de Elvira (profe) e EMPANADA XACOBEA de Pili e Rosi (cafetería)

Na categoría PRATOS DOCES:

  • 1º PREMIO: BISCOITO DE CHOCOLATE  de Sergio (1ºB)
  • 2º PREMIO (ex aequo): PASTEL DE CHOCOLATE de Adriana (1ºC) eTARRINA 3 CHOCOLATES de Celia (3ºC).

 

TORNEO XADREZ 2010

 

O luns entregáronse os trofeos do Torneo de Xadrez 2010, ó Campión Manuel González Mariño de 1ºA e o Subcampión Julián Molinos Fernández de 1ºC.

Powered by Drupal - Design by artinet