Actividades

Resultados da VIII semana gastronómica

Vimos de rematar a VIII edición da Semana Gastronómica do IES organizada pola Biblioteca. Aínda que con menor participación que outros anos, podedes xulgar polas fotografías que o nivel dos nosos Masterchefs segue estando alto.

Estes foron os pratos premiados en cada unha das categorías:

PRATOS SALGADOS:

1º PREMIO: Berenxenas recheas (Elvira López Mariño -profesora)

2º PREMIO:  Coello á cazadora (Manuela Campos Agrafojo- profesora)

 

PRATOS DOCES:

1º PREMIO: Torta de limón (Gabriel Cambeiro Esperante - 3º A)

2º PREMIO: Corazón de chocolate (Sofía Bouzas Torea -2ºA)

 

 

VIII SEMANA GASTRONÓMICA

 

 

 

 

 

 

  

Aquí podedes consultar as normas do concurso.

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES da II SEMANA CULTURAL do IES (centradas no mundo da CIENCIA)

Vimos de clausurar a II Semana Cultural do IES Poeta Añón, adicada á Ciencia con actividades moi variadas nas que, dun ou doutro xeito, participou todo o alumnado do centro.

Deixámosvos aquí varias presentacións que recollen distintos momentos das iniciativas levadas a cabo nesa semana do 24 ó 28 de febreiro.

LUNS 24 FEBREIRO: María Canosa e Jorge Mira

 

MARTES 25 FEBREIRO: "Ciencia divertida para todos"

 

XOVES 27: Xogos de inxenio

 

VENRES 28: Charla de Francisco Sóñora (Proxectos Oceántica e Climántica)

 

Pensamos que pagou a pena e esperamos poder repetir o éxito deste ano en vindeiras edicións.

 

8 de marzo Día Internacional da Muller

Aquí encontraredes un enlace sobre os dereitos das mulleres en España ao longo dos últimos 100 anos,así como unha comparativa dos dereitos das mulleres en distintos países para poder reflexionar sobre de onde vimos, ata onde chegamos e a onde nos levarán reformas retrógradas como a nova ley do aborto.

II SEMANA CULTURAL do IES POETA AÑÓN ( 24 ao 28 de febreiro 2014)

O vindeiro luns dá comezo a II Semana Cultural do IES Poeta Añón con actividades de diferente tipo para tódolos niveis da ESO. Nesta ocasión tratarase de dar difusión a temas relacionados co mundo da CIENCIA e a TECNOLOXÍA aproveitando que, agora máis que nunca, precisan do noso apoio, coñecemento e divulgación.

Este é o programa detallado de actividades:

 

24 OCTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Aproveitamos a data de hoxe 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, para deixarvos o documento dixital que recolle as actividades da biblioteca para o primeiro trimestre deste curso.

Lembrámosvos que este ano propoñemos LER CIENCIA. : novelas, relatos, artículos científicos, biografías, poesía, cine...

I SEMANA CULTURAL: Teatro co CRD de Valadares (Outes)

Onte luns, tralo encontro con Xosé Neira Vilas, o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas de Valadares compartiu co alumnado do IES dúas representacións teatrais interpretadas por usuarios e monitores do centro. Dous ex-alumnos do instituto, Rubén e Cristina, subiron ó escenario cos seus compañeiros para novamente darnos unha lección a todos, de saber estar e saber actuar.

Clicando AQUÍ veredes algunhas imaxes máis que recollen distintos momentos das obras.



I SEMANA CULTURAL do IES: Encontro con XOSÉ NEIRA VILAS e con MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xa estamos metidos de cheo na celebración da I Semana Cultural, coincidindo coa conmemoración das Letras Galegas.

Onte acudimos á Casa da Cultura de Outes para escoitar a voz de XOSÉ NEIRA VILAS e para celebrar con el o 50ª aniversario de MEMORIAS DUN NENO LABREGO. O escritor de Vila de Cruces falou para o alumnado dos dous colexios do concello, do instituto e tamén para os usuarios do CRD de Valadares, e respondeu ás súas preguntas lembrándolles que para escribir "DÉBESE DE LER MOITO E LER BEN".

NEIRA VILAS co alumnado do IES POETA AÑÓN

Neira Vilas, sempre cercano ó público máis novo, rematou este encontro coa mocidade de Outes asinando ducias de exemplares dos seus libros. Podedes ver algunhas imaxes do evento neste enlace.

ENCONTRO DE CLUBS DE LECTURA no IES Leliadoura de Ribeira

Os Leliadouros do IES Leliadoura (RIbeira) e os Laretas e Laretiñas do Poeta Añón    (Outes) xuntámonos en Ribeira para compartir xantar, experiencias, recomendacións lectoras e visitar algúns dos recunchos máis fermosos do concello.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES da SEMANA CULTURAL

Un pequeno recordatorio para toda a comunidade do IES POETA AÑÓN:

Powered by Drupal - Design by artinet