Xefatura

Exames de setembro EPA. Curso 2013-14

No arquivo adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro. Enlace

O prazo de matrícula para o seguintes curso será do 1 ao 10 de setembro.

Reunión de orientación para as familias do alumnado de 3º e 4º de ESO

O luns 16 de xuño teremos reunións coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO para orientar sobre a elección de materias e posibles estudos que poderán realizar o vindeiro curso.

3º ESO:  Luns 16 ás 18:30 horas

4º ESO:  Luns 16 ás 19:30 horas

Exames extraordinarios EPA-PCPI. Curso 2013-14

Datas dos exames extraordinarios do curso 2013-14:

Módulo 3 de EPA: enlace

1º cuadrimestre 2º PCPI: enlace

EXAMES FINAIS EPA - 2º PCPI. 1º Cuadrimestre curso 2013-14

EXAMES FINAIS. 1º Cuadrimestre

24 DE OUTUBRO: FOLGA NO ENSINO

O día 24 de outubro esta declarado como xornada de folga no ámbito do ensino convocada polas organizacións sindicais Federación de Ensino de CCOO de Galicia (FECCOO), Federación de Traballadores do Ensino da UGT de Galicia (FETE-UGT), Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG), Confederación Intersindical Galega  (CIG), organización ANPE-Galicia e a central sindical independente de funcionarios (CSI-F, ademáis de do apoio de diversas asociacións de estudantes.

Os servizos mínimos decretados inclúen á dirección e ao conserxe. Esto unicamente é garantía da apertura do centro. As actividades desenvolveranse en función do número de profesores e alumnos que asistan.

EXAMES DE SETEMBRO. CURSO 2012-13

CALENDARIO DE EXAMES PARA O MES DE SETEMBRO

Exames para ESO                   Exames para EPA

A entrega de notas realizarase o xoves 5 de 10-11 horas.

Prazo de reclamacións: 5 e 6

Resolución de reclamacións: luns 9 de 10 a 11 horas.

FOLGA XERAL. 14 de novembro

O DECRETO 214/2012, do 8 de novembro, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 14 de novembro de 2012 impón os seguintes servizos mínimos para o persoal da Consellería de Cultura Educación e OU.

Transporte escolar: o mantemento nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio dos servizos de entrada aos centros escolares desde as 7.30 h ata as 10.00 h e os de saída aos ditos centros desde as 13.00 h ata as 18.30 h.

1.4. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
          ....................
3. Centros públicos de ensino dependentes desta consellería: A dirección ou membro do equipo da dirección, e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar ..... En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

COMEZO DO CURSO 2012 - 13

O vindeiro 17 de setembro comezará o novo curso. Este día, de 11 a 12 horas, realizaremos a presentación do alumnado, distribución en grupos dos mesmos e os titores/as daranlle a coñecer os horarios e os demais datos do novo curso escolar. Haberá transporte escolar.

O martes 18 teremos unha xornada normal de 8,25 a 14,05.

ENTREGA DE NOTAS DE SETEMBRO 2012

O xoves 6 de setembro as 10 horas entregaranse as notas correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro.

O alumnado deberá matricularse o antes posible para poder formar os grupos cara ao vindeiro curso (preferentemente o mesmo xoves ou o venres 7).

EXAMES DE SETEMBRO 2012

Publicamos os calendarios dos exames de setembro:

Exames de ESO. enlace

Exames de EPA. enlace

Powered by Drupal - Design by artinet