Xefatura

Avaliación de diagnóstico 2º de ESO

Nos artigos 21 e 29 da LOE establécese que ao finalizar o segundo ciclo de educación primaria e o segundo curso de educación secundaria obrigatoria, “todos os centros educativos realizarán unha avaliación de diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polos seus alumnos. Esta avaliación, competencia das administracións educativas, terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa. Esta avaliación terá como marco de referencia a avaliación xeral de diagnóstico”.

O curso 2010-11 celebrouse a segunda proba en Galicia.

No seguinte enlace podedes ver o informe que recolle os resultados deste proba para Galicia e que está publicado na páxina web da Consellería de Educación.  enlace

Neste outro enlace pódese acceder a un resumo dos datos do IES Poeta Añón comparados cos globais de Galicia que foi elaborado polo centro para analizar a nosa situación dentro deste informe xeral.  enlace

INICIO DO MÓDULO 4 DE EPA

O vindeiro luns 13 de febreiro comezará o módulo 4 de Educación Secundaria para Adultos.

O alumnado que estaba matriculado no módulo 3 e no 2º curso de PCPI xa pode consultar as notas no IES.

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS. Curso 2011 - 12

As datas das reunións de principio de curso son as seguintes:

Mércores 5 de outubro pais e nais do alumnado de 1º e 2º de ESO

Xoves 6 de outubro pais e nais do alumnado de 3º e 4º de ESO

As 19 horas haberá unha breve presentación do equipo directivo e a continuación terá lugar a reunión cos titores.

PRESENTACIÓN EPA e PCPI. Curso 2011 - 12

PRESENTACIÓN DE 1º CURSO DE PCPI: Xoves 22 as 18,30 horas

PRESENTACIÓN DE 2º CURSO DE PCPI e MÓDULO 3 DE EPA: Venres 23 as 19,00 horas.

 

As clases comezarán o luns 26 no horario habitual do curso.

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO NO 1º PCPI CURSO 2011 - 2012

No seguinte enlace pódese consultar a lista de alumnado admitido para realizar o 1º ano do PCPI. enlace

 

A presentación terá lugar o xoves 22 de setembro ás 18,30 horas.

INICIO DE CURSO EN ESO. 2011-12

O vindeiro 16 de setembro comezamos o novo curso na ESO.

 

Faremos a presentación de 11 a 12 horas e o luns 19 iniciaremos o curso xa co horario de sempre.

 

EXAMES DE SETEMBRO. CURSO 2010 - 11

Nos seguintes enlaces podedes ver as datas dos exames de setembro para cada unha das materias e curso de ESO e EPA. Están incluídas as datas dos exames do alumnado que ten materias pendentes.

Exames ESO.  enlace

Exames EPA.  enlace

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 2010-11

O vindeiro xoves 23 de xuño será o último día de clases deste curso.

A despedida será cun festival de música e baile no auditorio do Concello. Comezará as 11 horas e a el poderán acudir pais e nais aínda que o limitado do aforo non fai posible que a asistencia sexa moi numerosa.

O luns 27 de xuño entregaremos as notas as 10 horas e non haberá transporte escolar.

Os días 27 e 28 poderán efectuarse reclamacións de detectarse algún erro nas cualificacións.

O 29 de xuño resolveranse as posibles reclamacións e daranse as notas como definitivas.

O prazo de matrícula para o alumnado que aprobe todo será do 30 de xuño ao 10 de xullo.


INFORMACIÓN SOBRE O RADON

Desde o equipo directivo decidimos crear esta páxina para manter informada á comunidade educativa sobre a problemática xurdida coas concentracións de gas radon no IES.

En primeiro lugar unha aclaración:

Os valores da concentración de gas radon medidos nas aulas do alumnado non alcanzan valores preocupantes.

INICIO DE CURSO en EPA e PCPI

Presentación PCPI :  Luns 20 as 18:15 horas

 

Presentación EPA :  Venres 24 as 19 horas.

Powered by Drupal - Design by artinet