UN POUCO DE IOGA CON ANA PREMA

O alumnado de educación infantil disfrutou hoxe dunha sesión de ioga a cargo de Ana Prema. O ioga ofrece múltiples beneficios físicos, psíquicos e emocionais. Trátase dunha excelente ferramenta para traballar a respiración e a relaxación, convertindo o centro nun lugar de calma e sosiego para o alumnado. Os nenos e nenas aprenderán a relaxarse e a concentrarse de forma consciente.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Velaquí vos deixamos uns recursos para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo. Pinchando na imaxe, accederedes a eles. Son moi diversos! Botádelle unha ollada!

Tamén os nosos locutores Lucía, Xoel, Raúl, Irina, Desi e Lucas de 6º de primaria recitaron unha poesía do libro "Rosaura e o mar" de Isabel Blanco, unha homenaxe en clave literaria ás mulleres traballadoras do mar.

Pinchade na imaxe para escoitar o audio!! Ten moito sentimento!!

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos inclusive) de xeito presencial no centro escolar ou na sede electrónica.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

-SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente crumprimentada e asinada.

-Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos: cumprimentarse de forma manual recollendo o Anexo II no centro (tamén se pode descargar nos arquivos adxuntos e cumprimentalo de xeito manual na casa para, posteriormente, entregalo no centro).

-Cubrilo dende a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

-Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B&ano=2022&numpub=1&lang=gl

-DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DA IDADE DO/A ALUMNO/A (copia do libro de familia ou do DNI do alumno/a).

-COPIA DO CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, se é o caso.

-SÓ EN CASO DE CAMBIO DE CENTRO: documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.

Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos mesmos e fotocopias (incluído o DNI).

 

HORARIO DE SECRETARÍA E DIRECCIÓN do 1 ao 20 de marzo:

-Luns: de 08:55 h a 09:55h.

-Martes: de 13:15 h a 14:05 h.

-Mércores: de 09:05 h a 09:55 h e de 12:05 h a 14:05 h.

-Xoves: de 13:15 h a 14:05 h.

-Venres: de 10:45 h a 11:35 h, de 12:35 h a 13:15 h e de 13:15 h a 14:05 h.

No caso de ter impedimentos para acudir neste horario, póñanse en contacto con nós por vía telefónica ou por correo electrónico.

Toda a documentación e normativa pode descargarse nos arquivos adxuntos, así como no taboeiro do centro.

 

CALENDARIO DE DATAS

-Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

-Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

-Presentación acreditativa dos criterios alegados en caso de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Do 24 de marzo ao 5 de abril.

-Publicación no centro da listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as: antes do 26 de abril.

-Publicación no centro da listaxe definitiva de admitidos/as e non admitidos/as: 

-Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

VACANTES PARA O CURSO 2024/25

CURSOS VACANTES
4º EDUCACIÓN INFANTIL 20
5º EDUCACIÓN INFANTIL 0
6º EDUCACIÓN INFANTIL 0
1º EDUCACIÓN PRIMARIA 0
2º EDUCACIÓN PRIMARIA 0
3º EDUCACIÓN PRIMARIA 1
4º EDUCACIÓN PRIMARIA 0
5º EDUCACIÓN PRIMARIA 0
6º EDUCACIÓN PRIMARIA 9

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro luns 4 de marzo ás 16:00 h convidamos ás familias do alumnado de nova incorporación (3 anos) a coñecer o noso centro.

 

Día de Rosalía

Esta semana continuamos coas celebracións do Día de Rosalía, seguindo a proposta da Asociación Galega de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. 

O alumnado de Infantil elaborou os seus propios debuxos baseados no seguinte poema de Rosalía: 

Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra,
festiña por dentro. (...)

Así mo pediron
na beira do mar,
ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pediron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
runxindo pasaba.

Campaban os prados,
manaban as fontes
antre herbas e viñas,
figueiras e robres.

 

Aquí podedes ver o marabilloso proceso de creación dos nosos artistas:

 

 

O alumando de 2º EP investigou sobre a vida de Rosalía:

 

 

O alumnado de 3º e 4º foi convidado a unha actividade organizada polo Concello de Carballo no parque de Rosalía, que inaguramos xuntos o curso pasado:

 

O alumnado de 4º tamén animouse a redactar un anaco de "Adeus ríos, adeus fontes" e elaborou este mural:

 

O alumnado de 3º, 4º,5º e 6º elaboraron un podcast que podedes escoitar neste enlace á páxina web da  biblio do cole:

http://ceipacristinabiblioteca.blogspot.com/2024/02/dia-de-rosalia.html 

 

Quedou incríble! Estes nenos e nenas son todos uns artistas!!!

 

 

 

CLUBE DE LECTURA "LUME"

Este martes o clube de lectura xuvenil "Lume" reuniuse na nosa biblio para traballar dende unha perspectiva diferente a obra "Donde los árboles cantan", de Laura Gallego. Xuntando lectores e lectoras do noso cole e do CEIP Fogar, os nenos e nenas continuaron a aventura iniciada en reunións anteriores co poemario "Na fogueira dos versos", mais esta vez no eido da narrativa.

Como podedes ver, pasárono estupendamente reconstruíndo e descubrindo a historia dunha intrépida moza que debe cambiar por completo a súa vida e o seu mundo tras uns terribles sucesos. 

A imaxinación e as lecturas compartidas foron o fío co que se teceu esta sesión, mais sempre quedan máis ganas de ler!

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Xa nos estamos a preparar para celebrar o Día de Rosalía. Mais, para ir quentando motores, o equipo TIC do cole elaborou estas actividades ás que podedes acceder pinchando na imaxe ou AQUÍ e AQUÍ.

 

Son actividades para tod@s, de carácter inclusivo, variadas e dinámicas e, sobre todo, serven para que nos acheguemos á vida dunha figura tan importante na nosa literatura como é Rosalía de Castro.

Os equipos de 1º e 2º de primaria prepararon uns murais arredor da súa figura, ilustrando os versos dos seus poemas.

 

"Cantaban os prados,

manaban as fontes

antre herbas e viñas, figueiras e robres."

 

"Na beira do mar,

ao pé das ondiñas.

Na beira do río,

que corre entre as herbas

do campo florido."

 

O MAPA DOS BOS MOMENTOS

Mañá día 15 de febreiro teremos de novo sesión do programa de Acompañamento Entre Iguais. Nesta sesión, os maiores leranlle un conto aos pequen@s. Titúlase "El mapa de los buenos momentos" de Fran Nuño e ilustracións de Zuzanna Zelej.

A historia trata de vincular espazos a emocións xa que temos tendencia a voltar a aqueles lugares onde amamos a vida, é dicir, que nos provocaron emocións como a alegría e a felicidade.

Zoe leva toda a vida vivindo na mesma cidade. Coñece cada edificio, cada parque, cada recuncho... Pero a guerra estalou e, como outros moitos, tivo que dicirlle adeus á cidade e marchar sen saber cando podía volver.

Zoe ten tan boas lembranzas da súa cidade... A casa dos avós, a escola, o parque do centro... Cando está a piques de marchar debuxa o seu "mapa dos bos momentos", sinalando todos os lugares onde foi realmente feliz.

Esta obra foi a gañadora do premio New York City Big Book Award en 2017.

Pinchando na imaxe accederedes a un audio do conto na plataforma Yotube.

Este libro será o eixo central a partires do cal plantexaremos as restantes actividades do programa.

 

 

 

AS EMOCIÓNS DO MES DE FEBREIRO: ASCO E ASOMBRO


 
Este mes traballaremos arredor das emocións como o asco e o asombro. Aquí van unhas cantas ideas para profundizar sobre elas: averiguar a súa etimoloxía, realizar algunhas actividades de produción escrita...

UN PASEO POR AMÉRICA DO SUR

Os nenos e nenas de 5 anos están a traballar os continentes. Estas últimas semanas afondaron un pouquiño máis sobre América do Sur; sobre as súas tradicións, os seus xogos, a súa gastronomía...

Nunha das ocasións, a mestra Mirza, que é de orixe brasileira, amosoulles un lapbook con información sobre o seu país: a bandeira, monumentos, moeda, animais típicos, deportes, lendas...

 

 

 

Tamén lles ensinou a xogar a un xogo tradicional.

Por último, Mirza tróuxelles doces de cacahuete para probar! Ummm, que ricos!

Pero esta non foi a única das visitas porque o noso compañeiro Benxamín tamén é de orixe brasileira! Entón a súa mamá tróuxelle a el e aos seus compañeir@s unhas delicias da súa terra: biscoito de millo e crema de millo, doces típicos cariocas.

 

 

Tamén lles ensinou a xogar á batata quente! Que ben o pasou a cativada!

ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

O pasado mércores día 7 tivemos a segunda sesión do programa de Acompañamento Entre Iguais. Nesta ocasión, foron os nosos compañeiros e compañeiras máis pequechos e pequechas os que trouxeron un xogo da casa para compartir cos seus iguais maiores. 

Que ben o pasaron! Dá gusto velos xogar tan content@s, reforzando o vínculo entre el@s!

 

PONTE NAS ONDAS

O CEIP Plurilingüe A Cristina celebra con outros centros o Día Mundial da Radio 2024 que este ano cadra a martes de Entroido.

A nosa aportación consistiu nunha homenaxe a Carlos "O Xestal", figura clave no noso patrimonio e coñecido por ser un humorista, músico e activista galego. Fíxose popular narrando contos e historias, as cales tiñan tintes reivindicativos contra o caciquismo. Traballou tamén por dignificar e visibilizar a música e a lingua galega. Se pinchades enriba da imaxe, accederedes directamente ao audio.

Neste podcast, faise un breve repaso biográfico para pasar despois a unha interpretación dun dos seus contos. Ollade que ben o fai a nosa montaxista, Maica, e os nosos/as locutores/as!

Este é o enlace á páxina de Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ):

https://escolasnasondas.com/

Este é o enlace ao noso podcast en Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ):

https://escolasnasondas.com/ceip-plurilingue-a-cristina-carballo-para-o-dia-mundial-da-radio-2024/

CELEBRANDO O ENTROIDO

Aínda que o tempo non acompañou, o pasado venres día 9 celebramos o Entroido no centro. A temática xirou en torno ao sétimo arte e as emocións que nos provocan as películas.

O alumnado de infantil disfrazouse de pintores e pintoras.

O alumnado de primeiro ciclo de emoticonos.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo de personaxes da película "O Rei León".

Despois do desfile, compartimos a merenda cos produtos que nos trouxeron as familias. Desfrutamos un montón!

ENTROIDO GALEGO


 
É tempo de ENTROIDO, de festa, de máscaras, de filloas, de cocido... É tempo de coñecer un pouquiño máis sobre esta longa tradición que en Galicia non deixou nunca de celebrarse. 
Sempre convén ir disfrazado... do que sexa! Aquí o que se valora é o espíritu participativo e as ganas de pasalo ben. Dependendo de onde nos atopemos, sen disfraz corremos o perigo de sufrir uns golpes de fusta; de que nos boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que convidar a unha ronda. É a lei!
Como o Entroido vívese de forma diferente nos distintos lugares de Galicia, a nosa compañeira Irene, titora de 2º de  primaria, elaborou unha presentación do máis interesante sobre as pantallas, os cigarróns, os peliqueiros...
Que traballazo!
Por enriba, é unha gran artista! Mirade as plantillas que fixo para que poidamos decoralas a nosa maneira. Son xeniais!
 


Podedes descargar as presentacións en formato pdf.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria conmemorou o Día da Paz e da Non Violencia participando na iniciativa "Plantando árbores con pinceis".

Mentres os nenos e nenas de 3º e 4º decoraron bolsas de tea desenvolvendo a súa creatividade, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º pintaron un muro do patio cuberto. Para o desenvolvemento de ámbalas dúas actividades empregáronse pinturas fotocatalíticas, un produto innovador que axuda a purificar o aire das superficies nas que se aplica.

A temática escollida foi o medio ambiente e a paz, como emoción, que produce saber que facemos todo o que está na nosa man para coidalo.

Distribuir contido