LUCÍA E MANUEL CAMPIÓNS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

Lucía e Manuel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso  de E. Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os  meses de maio e xuño.

Na final de quinto curso, Lucía  gañou por dous sets a cero a Adrián ( 21-14 e 21-13).

En sexto curso, Manuel logrou a victoria por dous sets a un ante  Rodrigo (21-11,16-21 e 21-12).

Ao final do partidos, os  finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de  cada curso, unha medalla de recordo.


Noraboa a tod@s!

 

 

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

O alumnado que obtivo praza para o vindeiro curso 2023/24 ten que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño entregando a seguinte documentación:

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado (a recoller en secretaría ou descargar documento adxunto).
  • Enquisa sociolingüística cuberta (a recoller en secretaría ou descargar documento adxunto).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (orixinal e copia).
  • Fotocopia do calendario de vacinación (orixinal e copia).
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Informe médico no que consten ou non enfermidades ou alerxias que deban coñecerse.
  • No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial (orixinal e copia).

ORIENTACIÓN NA ESCOLA

O alumnado de sexto curso de E.Primaria desenvolveu hoxe unha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se pretende é facilitar a inmersión do alumnado nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa, buscando como obxectivos:

-Ofrecerlles  unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.

-Desenvolver diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser empregadas en diferentes situacións cotiás.

-Conciencialos da necesidade de coidar e manter os espazos naturais.

-Fomentar a colaboración entre eles/elas e a capacidade de traballo en grupo.

-Aprender a interpretar diferentes tipos de planos. 

 

FINALISTAS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA 2023

Lucía,Adrián, Manuel e Rodrigo , clasificáronse para as  finais de 5º e 6º de E.Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina 2023.

Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:
 
  • Irina & Adrián  : 19-21,14-21.
  • Lucía & Abel: 14-21, 21-19, 21-17.
  • Judith & Manuel: 16-21, 21-11,20-22.
  • Uxía & Rodrigo: 21-19, 11-21,20-22.
O martes e xoves da  semana que vén terán lugar as dúas finais.
 
Moita sorte para todos/as!

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

No arquivo adxunto podedes consultar os libros de texto para o curso 202324. Lembrámosvos que este documento está a vosa disposición no hall do centro.

A HORTA DA CRISTINA

Ollade para aquí! Comezamos a recoller os froitos da nosa horta e con eles os nenos e nenas de catro anos elaboraron unha apetitosa ensalada.

Uuummmm!!! Riquísima!!

Noraboa a estes pequen@s cociñeir@s!

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

O pasado luns día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente en torno á temática "Esculturas que salvan o planeta". Os/as nenos/as e as súas familias realizaron incribles figuras con materiais de refugallo, reutilizando gran parte destes residuos. 

Esta actividade, ademais de resultar tremendamente creativa, lémbranos que toda acción que coma cidadáns adoptemos contra a contaminación SUMA ao movemento mundial.

Nesta liña, The Washed Ashore Project é un interesante proxecto que busca concienciar do impacto ambiental dos plásticos a través da construcción de grandes esculturas precisamente voltando a empregar moitos deles.

MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

"O máis pequeno acto de amabilidade vale máis cá grande intención".

Óscar Wilde

CONTACONTOS CON VIKI

O pasado luns tivemos a sorte de ter entre nós a Viki! É unha actriz que nos enviou a Editorial Santillana para alongar un pouquiño máis, e sobre todo divertirnos, o libro que estivemos a ler este curso en 3º e 4º de primaria, "El ataque polilla" de Ledicia Costas.

Foi moi entretido porque puidemos descubrir canto sabíamos dos personaxes do libro, como era o seu carácter, a súa forma de falar e de moverse... E grazas a Viki, interpretalos de forma teatral!

Pasámolo xenial!

 

ACTIVIDADES NA NATUREZA

O alumnado de 3º e 4º de primaria disfrutou dunha xornada multiaventura na Fervenza do Toxa (Silleda). Fixemos escalada, tirolina, tiro con arco... e todo dentro dun entorno privilexiado. Bótalle un ollo!

Do mesmo xeito, uns días atrás quixemos practicar surf na praia de Razo. Antes de zambullirnos na auga, e durante a primeira parte da mañá, realizamos unha búsqueda e unha clasificación de residuos. 

Logo, pasamos directamente á acción meténdonos na auga!

NAVEGA CON RUMBO

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla sobre seguridade e uso responsable da Internet. Dita actividade está encadrada dentro do Plan "Navega con Rumbo polo Ciberespazo", do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

A Internet ofrece un mundo de posibilidades, pero tamén supón unha serie de riscos, polo que cómpre darlles todos os consellos e recomendacións que poidamos.

SAÍDA Á GRANXA CONVENTINA

Hai que ver que ben o pasaron os pequen@s de infantil na Granxa Escola Coventina no Concello de Carral!!

Montaron a cabalo, peinaron ponis, abrazaron coelliños... Ollade este vídeo!!

 

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A POBO AVENTURA

O alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria desfrutou ao longo do día de hoxe dunha excursión a Pobo Aventura (Teixeiro), onde aprenderon a importancia da conservación dos espazos naturais a través de diversas actividades na natureza.

Nas actividades que levaron a cabo, coñeceron os recursos naturais e etnográficos dos pequenos pobos do interior de Galicia.

 

 

COÑECE O MEU CLUB:ESCOLAS BALONMÁN XIRIA.

Durante esta semana estiveron no noso centro dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria,Jorge e Zarra,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

 

Esta actividade terá continuidade o próximo martes.

 

 

A CAIXA DE CARTÓN COMO ELEMENTO DE XOGO

A caixa de cartón é un material moi versátil que se pode transformar moi facilmente, recortándoo, pintándoo ou complementándoo con outros materiais ou xoguetes.

 

Aos máis pequen@s gustaralles moito esconderse e reaparecer e usarán a caixa coma elemento de psicomotricidade, entrando fisicamente dentro dela.

 

Os máis maiores usarana coma xogo simbólico, transformándoa nun barco, nun avión, nunha casa, nun coche... En tódalas idades é posible incorporar á caixa de elementos e materiais artísticos, como teas ou pinturas. As posibilidades son infinitas.

AMOSÁMOSVOS O NOSO HORTO

Hai que ver como cuidamos a nosa hortiña e o satisfeit@s que estamos de ver como os produtos que cultivamos medran e medran. 

Distribuir contido