COÑECE O MEU CLUB: ESCOLA BASKET XIRIA.

Hoxe estiveron no noso centro Arturo e Jordi, adestradores do Basket  Xiria, para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte.

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 1º,4º e 6º de Educación Primaria.

Esta actividade terá continuidade o mércores  xoves desta semana co alumnado de 2º,3º,5º A e 5º B.

Moitas grazas a Arturo e Jordi por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.

 

 

FORMACIÓN PRESENCIAL "CEREBRO E PANTALLAS"

"Cerebro e pantallas" é unha webinar na que se expoñen as consecuencias cognitivas do uso das pantallas nos primeiros anos de vida. Arredor deste tema tan interesante haberá unha xornada de formación presencial no vindeiro mércores 15 de novembro nas instalacións do Pazo da Cultura en Carballo, ás 19:00 h. 

A formación está dirixida a docentes e familias e a ponente será María Couso, licenciada en pedagoxía e cunha traxectoria contrastada no ámbito da neuroeducación.

ANIMÁDEVOS!!

Pinchade AQUÍ  para acceder a súa web

CELEBRANDO SAMAÍN!

Canto trouleamos o martes celebrando o Samaín! Que disfraces máis terroríficos os da nosa rapazada! 

Despois do tempo de lecer celebramos o Magosto. Disfrutamos comendo castañas e xogando a todas aquelas actividades que nos propuxo a equipa de EDLG.

O alumnado de terceiro tamén aproveitou a xornada para meter todas esas sensacións angustiosas na "Caixa dos Medos". Non obstante, o medo é unha emoción moi necesaria xa que nos permite reaccionar ante os perigos.

 

 

GRAVANDO NA RADIO

No día de hoxe os "Cristinatreiros" achegáronse ás instalacións da Cadena Ser na rúa Vázquez de Parga para gravar a adaptación da obra que presentaron para o Teatro Lido, "Cataventos e Cía".

Mirade que profesionais! Fixérono de medo! Agora fai falla un chisquiño de sorte para pasar á seguinte fase. Noraboa compañeiros/as!

UN SAMAÍN DO MÁIS DOCE

Pero mirade que "Cookies de Samaín" máis xeitosas fixeron os nosos cociñeiros/as da aula de 5 anos. Riquísimas!! Ademais de terroríficas, estaban para chuparse os dedos. Moito aprendemos coa nosa rapazada!

 

Propostas de actividades de Samaín

Dende o EDLG adxuntamos añgunhas propostas para celebración do Samaín:
 


 
Uns contos de Samaín do CEIP San Clemente de César:
E algo de música en galego para rematar a celebración:
 
Feliz Samaín 2023! 

Tríptico información Samaín 2023

Boas tardes a comunidade educativa! Dende o EDLG queríamos eninarvos o documento que se mandaou as familias sobre o noso Samaín, a súa hostoria e algunhas propostas de actividades relacionadas co noso proxecto de centro "Emocionarte". 

Desexamósvos un feliz samaín!! 

CONTOS DE SAMAÍN EN RADIOCRISTINUNA

Pero que historias tan terroríficas nos contaron as nosas compañeiras Aroa, Adelaida, Ainara e Natalia de 6º curso!!! Non puidemos preparar a nosa festa de Samaín de mellor xeito. Tranquil@s, son aptas para tódolos públicos.

Descargade o arquivo adxunto ou pinchade na imaxe para escoitalas.

Grazas á profe Maica polos efectos especiais. Son fantásticos!! Noraboa!

SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIO DE REGO DA BALSA

Este mércores os maiores de infantil foron de visita á biblioteca Rego da Balsa. Alí puideron disfrutar da dramatización da obra "O Coelliño Branco" da man de Lili Gruyère. Estivo divertidísima e as profes participaron como personaxes!

Ademais, tamén houbo un pequeno espectáculo de maxia cun coello. Vaia troula!

 

UNS CADROS CON MOITO CONTO


Botádelle unha ollada a estas obras de arte! Son cadros de artistas como Munch, Takiyoshi, Caravaggio e Redon que nos inspiraron para elaborar relatos un pouquiño... Inquietantes!

Así mesmo, a partir deles analizamos emocións como a angustia e o medo.

ANIMÁDEVOS A LELOS!

 

 

 

DÍA DE ENTREVISTAS EN RADIO CRISTINUNA

Que mellor maneira de comezar a tempada de Radio Cristinuna que cunha entrevista! As locutoras de radio Ana Carracedo, Julia e Alba organizaron unha agradable tertulia con Patricia, a directora do cole, para coñecer un pouquiño máis en que consistía o seu traballo. Tamén houbo tempo para preguntas máis persoais dentro dun ambiente moi distendido.

Animádevos a pinchar na imaxe para escoitala ou descargade no arquivo adxunto. Esta á e primeira dunha rolda de entrevistas do máis interesantes!

 

CASA GRANDE DE XANCEDA

No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º nivel de primaria, acompañado das profes Lucía Gómez, Lucía Fonte e Sandra, visitou a Casa Grande de Xanceda para participar en actividades especiais de Samaín!! 

 

Aínda que o día non acompañou moito, @s nen@s visitaron a granxa ecolóxica e déronlle de mamar aos tenreiros. Tamén degustaron os iogures e disfrutaron dunha saída na que destaca o gran compromiso co rural, co medio ambiente e cos animais.

ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

Nova sesión no día de hoxe do programa de ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS. Como podemos observar, o alumnado de educación infantil púxose en parellas para poñer en marcha toda a súa creatividade e deseñar un logo para o cole. 

Fixádevos que concentrad@s están!

CIBERSEGURIDADE NO COLE

No día de hoxe o alumnado de 5º A participou no concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE. Xunto con outros centros da comunidade contestamos a dez preguntas sobre seguridade na rede a través da aplicación Kahoot. A verdade é que nos serviu para refrescar certos contidos sobre os ataques de pishing, as cookies... e o máis importante: cando sexamos ofendidos a través dalgunha aplicación, avisar aos nosos pais urxentemente!

Foi moi emocionante!

OS CRISTINATREIROS

Os Cristinatreiros volven a estar en acción! Aquí vos deixamos o vídeo que presentamos para o certame de Teatro Lido deste 2023. A obra titúlase "Cataventos e Cía" e versa sobre a romántica e simpática historia de amor de Amanda e Leonardo que, coa axuda doutros personaxes do castelo, intentarán que o amor verdadeiro triunfe e que o sentimento prime ante calqueira outro tipo de interese.

A creadora do texto é Celia Díaz Núñez, profesora e autora de diversos textos narrativos e de teatro.

Distribuir contido