Skip to Content

DEPORTE NA ESCOLA

O mércores 23 de xaneiro visitounos Marlon Velasco e Marcio Santos adestradores do Clube Portus Apostoli de Noia de fútbol sala, acompañados por algúns xogadores da plantilla do primeiro equipo, que conseguiron captar toda a atención e interese dos rapaces e rapazas.

O alumnado de 4º, 5 e 6º disfrutou dunha charla didáctica na biblioteca sobre as características deste deporte. Marlon Velasco presentou aos xogadores e contounos o seu percorrido profesional no mundo do deporte de competición, mencionando valores tan importantes como son o esforzo, a superación, a disciplina, o respecto...animando a todos e todas a loitar polos seus soños por moi difíciles que parezan.

Despois da charla a parte práctica no polideportivo onde os adestradores e os xogadores do Clube, ensinaron aos participantes: xogos, técnicas, estratexias nun ambiente lúdico e divertido.

Ao final da visita sortearon algúns agasallos entre os alumnos e alumnas e repartiron entradas para o partido do sábado no polideportivo de Noia.

Moitas grazas por darnos a oportunidade de participar nesta experiencia, e espermaos outra visita para os  máis cativos de primaria.



page | by Dr. Radut