Skip to Content

CURSO 2018-2019

GRANDES CAMBIOS PARA O NOSO ALUMNADO

Un gran abrazo aos nenos e nenas que estiveron con nós durante nove anos, desexamos que se cumplan os seus desexos, que teñan moita sorte no instituto e que sigan sendo tan boas persoas.

E aos pequechos, que xa non son tan pequechos, benvidos a primaria, esperemos que vos sintades cómodos nesta nova etapa.



ACROSPORT

No canal de Youtube do cole podedes ver unhas coreografías de acrosport realizadas polo alumnado de 6º de primaria.

O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía, no que existen tres elementos funadamentais:

  • Formación de figuras ou pirámides corporais.
  • Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibriuos.
  • Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas.

Nesta Unidade didáctica traballamos moitos contidos esenciais para o desenvolvemento integral do alumnado xa que, non só mostran as súas habilidades físicas, senón tamén traballan a cohesión grupal, xa que é unha actividade que require dun bo traballo en equipo para poder levala a cabo, e desenvolven a súa creatividade xa que son eles e elas os que elixen a música e compoñen a coreografía.

TEATRO

No canal de Youtube podedes ver ao grupo de teatro "Barquiña azul"  representando a obra titulada "Buscando a estación do tren". Esta obra estrenouse no cole o 28 de febreiro por mor do evento solidario a favor de Fundame (fundación atrofia Medular Espinal).

Os nosos actores e actrices traballaron con moita ilusión para aportar o seu gran de area neste evento e decidimos gravar a obra para compartila con todas aquelas persoas que non tiveron a ocasión de estar no estreno.

Grazas a Xoana, Candela Jimena Antón Millán e Iván por representar esta obra e, por suposto, a Alicia, a directora de teatro, que preparou a obra e dirixiu aos rapaces con moita paciencia e profesionalidade.

ENTROIDO 2019

Gran desfile representando diferentes aspectos da "Nosa Ría", tema escollido este curso para o proxecto de Biblioteca..

     
     
     
     
     

 

 

 

EVENTO SOLIDARIO

 

 

 








 

O día 28 de febreiro, é o día mundial contra as enfermidades raras. Este centro celebra un evento solidario a favor de "FUNDAME", que é a fundación galega que investiga a enfermidade "AME" (atrofia muscular espinal).

O noso obxectivo é recaudar fondos para a súa investigación, xa que na nosa vila hai un neno ,Andreas, que a padece.

Haberá distintas actuacións...teatro, música, baile, xogos hinchables...co fin que que disfrutemos toda a comunidade educativa.

Agradecemos de antemán a colaboración de todos os que se unen a este evento.

No Canal do centro en YOUTUBE ( está o enlace no menú da dereita desta pantalla), atoparedes un vídeo de presentación que está feito con moita ilusión polo alumnado para promocionar este evento os empresarios da nosa localidade.

 

 

 

TEATRO

No canal de Youtube podedes ver ao grupo de teatro "Barquiña azul"  representando a obra titulada "Buscando a estación do tren". Esta obra estrenouse no cole o 28 de febreiro por mor do evento solidario a favor de Fundame (fundación atrofia Medular Espinal).

Os nosos actores e actrices traballaron con moita ilusión para aportar o seu gran de area neste evento e decidimos gravar a obra para compartila con todas aquelas persoas que non tiveron a ocasión de estar no estreno.

Grazas a xoana, Candela Jimena Antón Millán e Iván por representar esta obra e, por suposto, a Alicia, a directora de teatro, que preparou a obra e dirixiu aos rapaces con moita paciencia e profesionalidade.

DESEXOS DE PAZ...

 

Hoxe no cole...un gran desfile de paraugas estampaados con bonitas mensaxes de sentimentos, de desexos de..AMOR, PAZ, ALEGRÍA...que rematou nun baile de abrazos moi divertido.  

DEPORTE NA ESCOLA

O mércores 23 de xaneiro visitounos Marlon Velasco e Marcio Santos adestradores do Clube Portus Apostoli de Noia de fútbol sala, acompañados por algúns xogadores da plantilla do primeiro equipo, que conseguiron captar toda a atención e interese dos rapaces e rapazas.

O alumnado de 4º, 5 e 6º disfrutou dunha charla didáctica na biblioteca sobre as características deste deporte. Marlon Velasco presentou aos xogadores e contounos o seu percorrido profesional no mundo do deporte de competición, mencionando valores tan importantes como son o esforzo, a superación, a disciplina, o respecto...animando a todos e todas a loitar polos seus soños por moi difíciles que parezan.

Despois da charla a parte práctica no polideportivo onde os adestradores e os xogadores do Clube, ensinaron aos participantes: xogos, técnicas, estratexias nun ambiente lúdico e divertido.

Ao final da visita sortearon algúns agasallos entre os alumnos e alumnas e repartiron entradas para o partido do sábado no polideportivo de Noia.

Moitas grazas por darnos a oportunidade de participar nesta experiencia, e espermaos outra visita para os  máis cativos de primaria.

UN DÍA COS MARISCADORES E COAS MARICADORAS DA NOSA RÍA

O día 10 e 11 de decembro, o alumnado deste centro adentrouse na praia de testal para coñecer máis de cerca o traballo que realizan os /as mariscadores/as da nosa ría. Camiñaron pola praia ata acercarse a eles para facerlles preguntas... tamaños de berberechos e ameixas, cantidade que pode recoller cada un... así ampliaron a información que xa previamente recibiron no colexio a través da bióloga e do responsable do Museo do Mar Felix.

As botas non impediron que se mollaran un pouco, pero mereceu a pena porque acadaron moita información desta actividade que é unha das maiores fontes de riqueza da población.

Como testimuña desta actividad temos esta rerpotaxe fotográfica.

 
   

 

 

 

http://studio.photobox.com/flex/

SAMAÍN 2018-2019

Samaín moi especial. Por un lado a gastronomía foi a protagonista nas nosas aulas. O alumnado elaborou aperitivos moi moi terroríficos que todos degustamos. Ademais durante a semana estiveron ensaiando un rap para interpretalo magnificamente na gran festa que celebramos cada 31 de outubro.

E como non podía faltar, o túnel do terror polo que ían entrando, bueno non todos,porque algúns non foron capaces de superar o medo do que alí podían atopar.

 

 


  

 

 


 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut