Skip to Content

CURSO 2018-2019

MEDIACIÓN NO COLEXIO

O día 22 de maio comeza a funcionar neste centro o servizo de "Mediación escolar".

Está formado por un equipo voluntario de alumnos /as de 5º e 6º de primaria que se formaron como mediadores/as.

Por que nos decidimos pola mediación escolar?

Porque diferentes estudos demostran a súa eficacia para abordar de maneira colaborativa e pacífica numerosos conflitos que se producen no ámbito escolar.

Ten un enorme potencial educativo, tanto para o alumnado que forma parte do equipo de mediadores como para quen utiliza ao equipo para resolver os conflitos.

Promove un modelo de convivencia positivo baseado nos principios e os valores da cultura de Paz.

A mediación preséntase como unha vía de reparación voluntaria dos dos danos ocasionados, de reconcialiación entre os implicados, de aprendizaxe de novos comportamentos e de acción preventiva sobre o entorno no que xurdiu o conflito.

DESCUBRINDO OS SANCOSMEIROS

Soledad, María de Leonardo e Manuela das Tersas, tres mulleres de San Ourente que nos acercaron as raices destos sombrieiros de palla que forma parte da indumentaria habitual do traxe tradicional feminino galego.

Desde o sembrado do trigo ata que os sombreiro se pode usar son moitos os pasos que as mulleres artesanas teñen que facer, moitas horas de trenzando.

O alumnado descubriu que de ser utilizado nas labores do campo polas mulleres ata estar na actualidade nos stands de Artesanía de Galicia, nas feiras nacionais e internacionais, nas postais e carteis.

Desde aquí dámoslle as grazas por enseñar a trenzar aao noso alunado e por acercalos a esta obra que xa forma parteda artesanía galega.

 

VIAXE DO ALUMNADO DE 5ºe 6º

O alumnado de 5º e 6º viaxaron durante catro días, estiveron no albergue Paradiso de Suances onde disfrutaron de moita actividades: Lasert Combat, tirolina, rocódromo, ..., no Parque de Cabárceno, onde viron casi 150 especies de animais, visitaron a cidade de Santander, a Cova do Soplao, Santillana del Mar, Museo Xurádico de Asturias...

Unha viaxe moi completa e divertida.

 

 


 

POETAS POR UN DÍA

O venres, 22 de marzo, o alumnado de 6º, visitamos as dúas residencias de maiores que hai en Noia, alí recitamos poesías, unhas de poetas moi coñecidos, Rosalía de Castro, Rafael Alberti....e outras feitas por nós. Foi unha boa experiencia porque vimos as caras de satisfación da xente maior e o agradecidos que estaban coa nosa visita.

Gustarianos repetir esta actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut