Skip to Content

CURSO 2019-2020

CURSO 2019-2020

LABOR SOCIAL DA MÚSICA

RESOLUCIÓN VOTACIÓN SEXTILIBROS 2020

LOGO DE APLICADAS AS PORCENTAXES DO 40% AOS VOTOS DO ALUMNADO DO CENTRO, DO IES, DO PROFESORADO E O 60% AOS MEMBROS DO XURADO, A APRETADA PUNTUACIÓN QUE ACADAN OS SEXTILIBROS INDIVIDUALMENTE, É A SEGUINTE:

 

  SEXTILIBROS      PUNTUACIÓN ACADADA

1º- O Experimento   9,264
2º- A Mudanza  9,25
3º- Batería Baixa  7,411
4º- A Vida de Carolina  7,387
5º- Evelyn  5,935
6º- Desilusións da Vida  4,483
7º- O cruceiro  4,072
8º- Nunca deixes de Bailar  4,048
9º- A desaparición de Bigotitos  3,32 
10º- O Tesouro do Terror  2,548
11º- Aventura en Batín Can  2,233
12º- O Rally de Noia 2,209
13ª- O pobo  1,846
14ª- O Coitelo Traizoeiro  0,37

LETRAS GALEGAS 2020

SEXTILIBROS 2020

 

Co gallo das Letras Galegas o 17 de maio, os rapaces e rapazas de Lingua Galega de 6º, publican o seu primeiro libro na biblioteca do cole: Os Sextilibros.

Debido ao confinamento, este ano, o formato é virtual, invitámosvos a lelos e a votalos ata fin de mes, para saber cal gustou máis.

E se non vos apetece ler, algún dos seus autores/as puxéronlle voz en formato de Audiolibro.

Déixovos aquí as direccións

 

Para ler: https://www.calameo.com/accounts/6278252

 

Para escoitar: https://www.ivoox.com/podcast-radio-a-barquina_sq_f1643565_1.html

Se preferides unha lectura, non virtual, podedes descargar o pdf que está no blogue de biblioteca ou na Aula Virtual de música.

EQUIPO DE BIBLIOTECA

Estimados pais e nais. 

Desde o equipo da biblioteca e normalización lingüística. 

Puxemos a vosa disposición no blogue da biblio: repepico.blogspot.com información e actividades sobre Ricardo  Carvalho Calero persoaxe a quen se adica este ano.
Pero ademáis precisamos da vosa axuda...

Durante os vindeiros a 7 días queremos xerar unha nube de palabras que inunde o noso blogue de Repepico na biblioteca.

Para facelo o único que debedes facer é acceder en internet con calquera dispositivo a:

www.menti.com

Introducir o noso código secreto: 886359

Darlle a submit (enviar) e colaborar connosco escribindo as 3 palabras en galego que máis vos gusten.

Finalmente dándolle a enviar xa teremos a vosa colaboración nesta actividade.

Moitas grazas a todos e lembrade só o poderemos facer ata o vindeiro mércores.

Unha aperta xigante do equipo da biblio e normalización. 

Resistiremos!!!

Desde a área de E. Física, a profesora Mónica pediulle ao alumnado e profesorado que  gravasen mensaxes, para unilos todos e facer un vídeo que represente dalgunha maneira o momento difícil, pero non imposible de superar, que estamos vivindo. Creo que nos vai facer pasar a todos/as un momento divertido. Visionémolo todos, seguro que o pasaremos ben.

Ánimo entrar en Youtube clicando aquí ou á dereita no soso canal do cole.

 

MEDIACIÓN NO COLEXIO

SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

Este venres 28/02/2020 o equipo de mediadores e mediadoras do noso centro, reuniu a todo o alumnado de primaria na biblioteca do cole para facer unha presentación de como funciona o Servizo de Mediación e para presentar aos alumnos e alumnas que se están a formar para ser mediadores e mediadoras.

Como xa sabedes, este proxecto comezou no curso pasado coa intención de mellorar a convivencia no cole  e como unha forma de xestionar os conflitos baseada no diálogo e a cooperación. As mediadoras e mediadores, asisten ás persoas en conflito para que tomen as súas propias decisións dende a co-responsabilidade, facilitando a comunicación e favorecendo a procura de solucións coas que todas as partes gañen. O conflito é moitas veces inevitable e mesmo necesario. Por iso, coa mediación non se persegue eliminar os conflitos no Centro, senón que as persoas adquiran a capacidade e vontade de transformalos pacificamente en algo construtivo, e así mellorar a convivencia dentro e tamén fora do contexto educativo.

 

ENTROIDO 2020

 
   
 
 
 
 
   
   
   
   
   

Buscades un centro para o voso fillo/a? Invitámosvos a coñecer o da Barquiña...na xornada de portas abertas.

 DOCUMENTOS PARA FACER A RESERVA NO PROPIO CENTRO Clica aquí para descargalos.

 

Tendes a oportunidade de visitar as nosas instalacións e de interesarvos persoalmente polo  funcionamento do colexio, que vos explicaremos con  moito gusto.

 

 

As xornadas de portas abertas son do 17 de febreiro ao 20 do mesmo mes en horario de mañá de 9:30h a 14:00h, e o martes ademais de 17:30h a 19:30h.

13 DE FEBREIRO ..DÍA MUNDIAL DA RADIO

 Co pretexto de celebrar o día mundial da radio, os diferentes equipos de radio de sexto, xuntámonos hoxe para gravar un conto a cegas, cada quen aportaba un anaco ao conto sen saber o que contaban os anteriores.

Non perdades o Tronchante resultado, está colgado no ivoox da Barquiña, feliz día da Radio.

CONTO A CEGAS clica para entrar en ivoox e ver os contidos da Radio.

HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLES

Ola familias:

Dende o cole da Barquiña queremos ofrecervos unha charla para a promoción de hábitos de  alimentación saudables.

O papel do colexio é moi importante para afianzar uns hábitos de vida sans, pero non hai que esquecer que o principal núcleo que inflúe na educación nutricional dun neno ou nena, é a familia. Por iso queremos contar con vós para estas charlas informativas, para que, dende a casa, tamén apostemos por unha alimentación sa.

Cada vez é máis patente o aumento da obesidade e sobrepeso na sociedade en xeral, converténdose nun problema grave entre os máis cativos. A obesidade e o sobrepeso poden derivar en problemas de saúde tan graves como enfermidades cardiovasculares, diabetes, hipertensión e incluso, algún tipo de cancro. Polo tanto, unha correcta alimentación dende a infancia é determinante para protexelos destas doenzas.

As charlas serán impartidas por  Cristina Maneiro, Diplomada en enfermería, diplomada en fisioterapia, doctora en osteopatía e psiconeuroinmunóloga  e pola doutora María Castiñeira Caamaño, especialista en nutrición e dietética.

Estarán divididas en tres sesións:

O luns 10 de febreiro para 1º, 2º e 3º de primaria.

O xoves 13 de febreiro para 4º, 5º e 6º de primaria.

O martes 11 de febreiro ás 17.00h para pais/nais na biblioteca don noso cole.

Agradecemos de antemán a vosa participación nas charlas!

Distribuir contido


by Dr. Radut