Skip to Content

MEDIACIÓN NO COLEXIO

SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

Este venres 28/02/2020 o equipo de mediadores e mediadoras do noso centro, reuniu a todo o alumnado de primaria na biblioteca do cole para facer unha presentación de como funciona o Servizo de Mediación e para presentar aos alumnos e alumnas que se están a formar para ser mediadores e mediadoras.

Como xa sabedes, este proxecto comezou no curso pasado coa intención de mellorar a convivencia no cole  e como unha forma de xestionar os conflitos baseada no diálogo e a cooperación. As mediadoras e mediadores, asisten ás persoas en conflito para que tomen as súas propias decisións dende a co-responsabilidade, facilitando a comunicación e favorecendo a procura de solucións coas que todas as partes gañen. O conflito é moitas veces inevitable e mesmo necesario. Por iso, coa mediación non se persegue eliminar os conflitos no Centro, senón que as persoas adquiran a capacidade e vontade de transformalos pacificamente en algo construtivo, e así mellorar a convivencia dentro e tamén fora do contexto educativo.

 



page | by Dr. Radut