Skip to Content

Celebracións

Que sabemos da "Píllara" das dunas?

Descubrimos como vive a píllara...

IN ENGLISH, OF COURSE! - CHEESE CAKE

Clica na imaxe para ver as fotos.

Level 6 students study grammar, history, biology...and they speak too, but they can also COOK in English!!! Yes, they made a CHEESE CAKE and then they enjoyed it and they even invited teachers who congratulated them and ask for the recipe. Students invite you to try it.....

 

Cheese cake

Ingredients:

2 packets of biscuits

About 170 grm of butter

750 grm of cheese (Philadelphia like)

About 200 grm of sugar

A packet of jelly

A cup or glass of cream

 

How to make it

First wash your hands. Crumble the biscuits, melt the butter and mix to make a kind of mass to cover the base of the baker tin, put it into the fridge for about ten minutes.

Meanwhile, dissolve the jelly in a little hot water and mix with the cheese, the cream and sugar. Take the tin out of the fridge and pour this mixture into. Then put the tin in the fridge again for a day. Before serving you can add jam on the cover and decorate it and finally.......... enjoy it!

Unha figura do deporte español

José Ángel Antelo, figura do balocesto español, estivo hoxe no noso centro entusiasmando  a un alumnado que se interesou pola súa traxectoria como deportista.

Desde aquí agradecémoslle a visita e desexámoslle un futuro prometedor no baloncesto.

Sorte José Ángel

Os peques visitando en A Coruña o Acuarium Finisterrae

Clica para ver as fotos nesta imaxe.

SEMANA CULTURAL - LETRAS GALEGAS 2013

  R. Vidal Bolaño, disfrutando co alumnado a través do gran artista "Serafín Marcos"

Clica na imaxe para ver máis fotos.

 

 

Unha divertida sesión de maxia!!!

Clica na imaxe para ver máis fotos

OS CUMPLEANOS DOS PEQUES...

Os máis pequenos do colexio disfrutando na celebración dos cumpleanos.

Clicade na imaxe para ver máis fotos.

Cine no colexio!!!

 

SESIÓN DE CINE.

O xoves 28 de febreiro disfrutamos dunha sesión de cine na aula. A película que vimos titulábase “Gnomeo y Julieta”, e formaba parte do proxecto que estamos desenrolando a cerca dos duendes.

Durante a semana fixemos diferentes actividades para preparar o evento:

1.CARTEL ANUNCIO DA PELÍCULA
Decidimos elaborar a carteleira do cine e entre todos pensamos en escribir no cartel o seguinte:

- Nome do cine.
- Título da película e imaxe da mesma.
- Data da proxección.
- Hora do evento.


Clica na imaxe para ver máis fotos.


2. ENTRADAS

Conversando chegamos á conclusión de que é imprescindible dispoñer de entradas para ver a película e as elaboramos

escribindo o título da película, a data e o número de fila e butaca.




3. AS BUTACAS

Decidimos colocar as butacas coma nun cine de verdade e dispoñelas en filas. Fomos colocando na beira de cada fila o cartel correspondente en orde ascendente, tivemos ata nove filas!. Fixemos o mesmo ca numeración das butacas, os nenos/as foron colocando por orde o número de cada butaca no respaldo.

Pero para facer todo isto tivemos que razoar un pouquiño e pensar cantas butacas necesitábamos para entrar tódolos nenos/as de infantil. Para isto tivemos que empregar as sumas e as restas ata chegar ao número preciso.

Finalmente, convertemos a nosa clase no cine "Infantil" colocando as butacas numeradas diante da PDI.




4. A TAQUILLA

Puxemos unha mesa na entrada, xa que no cine a cola faise fóra, alí dous compañeiro/as vendéronnos as entradas que xa elaboraramos.
Cada entrada custaba 3 euros e para mercala de novo tivemos que realizar pequenas operacións matemáticas entre nós. “Se costa 3 euros e me das 5 téñoche que devolver 2 euros”.

Unha vez mercada a entrada os encargados da taquilla partíanos a nosa entrada e …os acomodadores axudábannos a atopar o noso sitio.

 

5. O QUIOSCO
Como en todos os cines non podía faltar un quiosco. Ca entrada dábannos un vale por un vaso de palomitas que tiñamos que ir buscar ao quiosco do cine. Ummmmm, que boas estaban!!!!


Durante esta semana disfrutamos de cada unha das actividades realizadas e as conversacións mantidas para organizar a nosa sesión de cine .

 

A experiencia resultou moi boa!!!!

É moi divertido empregar os números e as letras cando nos resultan útiles.


AUDICIÓNS DE DISNEY

 

EXCURSIÓN Ó AUDITORIO DE GALICIA. “AUDICIÓNS DE DISNEY”

O pasado martes 19 de febreiro o alumnado de educación infantil tivo a oportunidade de escoitar en vivo e en directo diferentes audicións de películas de Disney: La Sirenita, EL rey león, Mulán, El príncipe de Egipto, La bella y la bestia…

Estas audicións foron a cargo da Banda municipal de Santiago de Compostela.

Antes de entrar ó Auditorio de Galicia fixemos un precioso percorrido polo parque de Pelamios.

Podedes ver as fotos clicando aquí.

 

A...ESQUIAR!!!

O alumnado de 5º e 6º fixemos unha viaxe moi moi completa, primeiro algo de cultura, percorremos a cidade de Lón  para coñecer  a súa historia, os seus monumentos...e despois destino a San Isidro. Alí durante dous días deporte e diversión, aprendemos  a esquiar  con algún que outro tumbo (pero sen rompernos nada), e disfrutamos dunha boa nevada.

Se clicades nas imaxes veredes o ben que o pasamos.

      

 

ENTROIDO 2013

A MAXIA E OS SERES MÁXICOS

 

Xa peta na porta o entroido da Barquiña. Do 4 ao 7 e febreiro os nenos/as cumprirán coas consignas do Meco Repepico que este ano se inspeirou nos personaxes fantásticos para mandarnos:

Luns: "Se enfeitizado queres estar, a cara terás que pintar"

Martes: "Para parecer Aladín, trae na cabeza un calcetín"

Mércores: "Para vir de Pitonisa Lola, trae pañoleta e saia, xa verás como
mola"

Clica para ver máis fotos

Xoves: "Como o entroido está a chegar, lixeiriño un disfraz has de buscar"

O venres 8 de febreiro celebramos a gran festa do entroido. Aquí estamos tan chulitos. Clicade para ver máis fotos nas imaxes.




Desfilaron os personaxes fantásticos e logo tivemos a degustación fin de festa.Que rico todo!!! e que ben o pasamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut