Skip to Content

Celebracións

DÍA DA PAZ

O día 30 xaneiro, DÍA DA PAZ.

Como celebramos este día?, pois este ano decidimos "Plantar a Paz" para que naza e medre ao noso arredor.
O alumnado realizou a plantación dunha semente e do símbolo que lles tocou facer na aula.(pombas, mans, globos..)
E para alegrar o día cantamos todos xuntos "El odio por amor" de Juanes

Como esperabamos plantar a Paz resultou unha actividade moi interesante para o alumnado, agora só queda esperar que medre.
E por suposto invitámosvos a ver as fotos da nosa celebración
.

Clicade aquí






 

O SR. ALCALDE DO CONCELLO DE NOIA VISITA Ó CENTRO

O luns, 4 de febreiro on SR. Alcalde, á petición da dirección, visitou o noso centro para informarse das deficiencias que temos nestes momentos nas instalacións.

Comprometeuse a solucionalas o antes posible.

BO NADAL

Un gran día de celebración de Nadal, celebración de categoría coa actuación deste grupo de músicos do conservatorio de Noia que nos deleitaron coa súa interpretación, gracias por dedicarnos estes momentos musicais tan agradables, gracias ao Papá Noel tan especial que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos e por suposto gracias a concelleira Mary Dominguez que fixo posible que esto saíra así de ben.

En nome do persoal deste centro Felices Festas e ata o 2013.

Máis fotos clicade aquí

E. Infantil no teatro en Santiago

Que ben o pasaron os máis pequenos do cole coas marionetas! Mirádelle as cariñas!!! clicade aquí

 

Samaín 2012

                

O terror...apodérase da nosa Biblioteca!!!.
Non te perdas a entrada polo túnel do terroooooooooor....
Cabazas, pantasmas...eh, contos de moito moito medo.
Todo isto e moito máis, hoxe na túa Biblioteca.
Espéranche moitas sorpresas... terroríficasssssss!!!
E menudas fotos, si que dan moito medo as aulas eee a biblioteca!!!, clica aquí e verás 

 Si si, so tes que ver este vídeoooooooooooooo....

 

CURSO 2012-2013

CURSO 2012-2013

Aquí estamos empezando un novo curso, e como sempre preparados e con ilusión para emprender xuntos esta viaxe que comeza o 12 de setembro.

Esperámosvos con moita enerxia!!!

E para empezar con algunha novidade,informamos que este curso concedérononnos o proxecto ABALAR para 5º de Primaria.

O proxecto ABALAR ten a súa orixe na palabra celta "Abal", que significa mazá, a froita da sabedoría, e no termo galego "Abalar" para transmitir a mensaxe de promover e facilitar o movemento, o cambio e a transformación na educación.

ABALAR é o proxecto que  para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia

ABALAR inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación  e  da promoción das TIC  

ABALAR recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e os retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.

 

REUNIÓN COS TITORES

11 de setembro de 2012  ás 18:00h

IN ENGLISH, OF COURSE!

 

THANKSGIVING

Emily invited us to celebrate "Thanksgiving", a very important day in USA.  She told us that the origin of this celebration was in Plymouth, Massachutses, in 1621, when the New England colonists"the Pilgrims"celebrated with the Native Americans"the Indians", their first harvest in the New World.

Nowadays, every fourth Thursday in November, all the families in USA have a great dinner together after giving thanks for the different things they have got; health, family, home, friends,.....and there´s always a main course on their tables, can you guess?......Yes, of course.....a TURKEY!!!

 

After that, she asked the students to draw  their own hands and  express their gratitude in each finger. In the end, most of them decided to be grateful for: family, school, house, friends, pets....and even for their teachers....Surprising, isn´t it?  You can see their work clicking on the photos.!


Concerto didáctico

O venres, 28 de setembro, achégamonos ao colexio da Silva, en Lousame, para asistir a un fantástico concerto de Odaiko Percussion Group, organizado pola asosciación xuvenil Sons de Lousame. Durante máis dunha hora, os nosos nenos e nenas puideron disfrutar da escenificación do que foi a evolución da percusión dende a prehistoria ata os nosos días.

Mentres unha voz en off ía narrando o devir musical da historia, os protagonistas alternaron instrumentos de percusión tan dispares coma o propio corpo, djembés africanos, pupitres do colexio,  utensilios de uso cotiá como bolsas, cubos...e instrumentos máis modernos como tubos harmónicos ou marimbas. Todo isto acompañado de mímica, escenografía e participación activa dos cativos e cativas. Toda unha festa!! Aquí vos deixo o enlace da súa web para que poidades velos e, sobre todo, escoitalos:

http://www.odaiko.es/

Distribuir contido


by Dr. Radut