Skip to Content

Procesos administrativos

MATRíCULA CURSO 2023 / 2024

Do 20 ao 30 de xuño do 2023, ábrese o prazo de matrícula para o curso 2023 / 2024, para o NOVO ALUMNADO de Educación Infantil e Educación Primaria, que se incorpora ao noso centro. 

A solicitude de matrícula debe ser entregada debidamente cuberta no centro de forma presencial na secretaría do centro. (Anexo III)

 

Educación Infantil Anexo III
Educación Primaria Anexo III

 

Xunto ca solicitude (anexo III) é preciso aportar cuberto o documento de información complementaria:

Información complementaria

 

Así mesmo, é preciso xuntar a seguinte documentación:

 

●   1 fotografía tamaño carné (alumno/a)

●   Fotocopia da tarxeta sanitaria e fotocopia da cartilla de vacinacións

●   Certificado de convivencia - empadronamento.

●  DNI do neno/a ou fotocopia do libro de familia o análogo (páxinas do matrimonio e do/s fillos/as).

●   DNI dos proxenitores (ou análogos).

 

●  No caso optar a unha praza un neno/a con necesidades específicas de apoio educativo achegarase a documentación pertinente que xustifique dita necesidade.

●No caso de que os pais do neno/a que solicita praza no centro, estean divorciados deberase acompañar á solicitude a sentencia de divorcio. A solicitude deberá estar asinada polos dous cónxuxes (pai e nai aínda que estean divorciados).

● No caso de que o alumnado proveña doutro centro (Educación primaria), certificado de matrícula do centro onde estivo matriculado no curso 2022 /2023. 

 

HORARIO  PARA ENTREGAR  ÁS SOLICITUDES NO CENTRO.

 

DATAS E HORARIO DE ENTREGA

 

Do 2O e 21 de xuño

 

 

11:25 a 13:30h.

 

Do 22 ó 30 de xuño 

 

 

9:30 a 14:00 h.

  

CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS 2023 / 2024

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (procedemento ED330B)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño do 2023.

 

BENEFICIARIOS (no noso centro): Alumnado de Educación Primaria matriculado no vindeiro curso 2023 /2024 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

-       Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º e educación especial.

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

-       Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

     - Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

           - Certificado ou volante de convivencia.

           - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

DE SER O CASO...

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

- Calquera outra documentación que sirva para xustificar algún dos items sinalados.

 

 A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PÓDESE FACER:

 

  • VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO: (unha por alumno/a)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023

  • A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDO LIBROS:

                            https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

  • NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, NO HORARIO DE ATENCIÓN AS FAMILIAS. (fora deste horario non será posible atendelos)

                -  Presentando os anexos I  e II, xunto coa documentación requirida na secretaría do centro no seguinte horario:

 

DOCUMENTOS:

ANEXO I e II (galego)

ANEXO I e II (castelán)

Titorial ANEXOS I e II / Documentación a aportar.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 - 2024

O mércores día 1 e ata o 20 de marzo procédese a apertura do prazo de solicitudes de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Os prazos establecidos no procedemento de admisión é o seguinte:

Presentación de solicitudes   Do 1 ó 20 de marzo
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

 

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admision alumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

ACCESO A PRESENTACIÓN ONLINE POR SEDE ELECTRÓNICA

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

PODEDES ATOPAR OS FORMULARIOS DE ADMISIÓN EN PDF AQUI 

 

Atte: O Equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut