Skip to Content

CURSO 2021-2022

CURSO 2021-2022

REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA CURSO 2022 /2023 (3 ANOS)

Este martes día 7 de xuño ás 17:30h, terá lugar a charla informativa para aquelas familias con fillos/as admitidos/as nas listaxes definitivas para o curso 2022/23 no curso de 4º curso de Educación Infantil. Dita reunión levarase a cabo no centro respectando as medidas do protoclo COVID vixente. Así mesmo, lembrar que nesta primeira reunión e toma de contacto non debe asistir o alumnado. Recibide un agarimoso saúdo do profesorado de Educación Infantil e a dirección do centro.

 

OBRADOIRO CANTO e TOUPICIENCIA

Esta pasada semana tivemos varias actividades das que damos conta nesta nova entrada da nosa páxina.

O martes pasado día 31  /05/ 2022 desenvolvéronse no centro dúas actividades, a primera delas consistiu nunha obra de teatro titulada TOUPICIENCIA. O noso alumnado pudo desfrutar desta representación teatral na biblioteca do centro.

 

Así mesmo, e grazas a colaboración de Narci Rodríguez o alumnado de terceiro curso de educación primaria tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de canto. Para facelo traballaron coa canción de "Encanto": No se habla de Bruno. No enlace podedes ver o mágnifico traballo que fixeron co apoio de Narci, para que comprobedes o ben que sonan estes mágnificos artistas. Ademáis podedes botar unha ollada ó canle do cole e os seus famosos VENRES DE CONCERTO. 

ENLACE A VENRES DE CONCERTOS / OBRADOIRO de CANTO NARCI

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS - CURSO 2022/2023

Estimadas familias:

Informamos que na data 10 /05/2022, publicaronse no tabolerio do centro as listaxes de DEFINITIVAS  de admitidos para o curso 2022/2023. Tamen podedes consultalas listaxes por medios electrónicos, empregando o DNI-e ou certificado dixital na propia aplicación de admision de alumnado.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

O prazo para realizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Todas aquelas familias que non entregaron a documentación necesaria deberán facelo nesas datas.

No adxunto podedes cotexar a documentación que será preciso entregar xunto coa matrícula e o horario de atención. No caso de que xa a tiverades entregada con anterioridade dita documentación, só será preciso achegar a matrícula ao centro.

 

8M- ROSA E CHUS, REDEIRAS DE VOCACIÓN.

 

ROSA E CHUS, REDEIRAS DE VOCACIÓN.

 

Con motivo da celebración do 8M (Día Internacional Da Muller) estamos levando a cabo no centro diferentes obradoiros nos que dar a coñecer á comunidade educativa o importante traballo que desempeñan as mulleres do Mar. Este venres visitáronnos Rosa e Chus , dúas redeiras  que pertencen á "Asociación de redeiras do cerco de Portosín", lugar no que traballan na actualidade. As dúas redeiras proceden de familias mariñeiras e moi vinculadas co mar; dende moi novas traballan facendo e arranxando os aparellos para que os barcos de Portosín poidan saír a faenar. 

Toda unha vida adicada a este oficio, antigamente pouco recoñecido, pero sempre loitando para visibilizar a súa importancia e recoñecemento no sector do mar e así poder mellorar as súas condicións laborais.

 

Neste enlace podedes escoitar a entrevista que lle fixeron os alumnos en Radio A Barquiña  https://go.ivoox.com/rf/83377558 (pica co rato mentres pulsas a tecla ctrl no teclado).

 

 

Grazas Chus e Rosa por facernos pasar unha xornada tan interesante e entretida.

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2022 / 2023

Publícanse as vacantes previstas para o curso 2022 / 2023.

 

Así mesmo, podedes atopar nesta entrada os impresos para para admisión do alumnado en centros públicos 2022 / 2023.

Lembramos que o prazo para a presentación do formulario de admisión do alumnado vai do 1 ao 21 de marzo. As solicitudes a presentar no centro deben facelo no horario de atención ao público.

 

 

Impreso en castellano

Impreso en galego

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN EN CENTROS ESCOLARES CURSO 2022/2023

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

 

Atte: O Equipo directivo

ENQUISA COMEDOR ESCOLAR.

Boas tardes:

Desde  a ANPA do noso centro fannos chegar a seguinte información. Podedes descargar o impreso no documento adxunto.

ANPA "A BARQUIÑA" - INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

A ANPA do noso centro, pon á disposición de tódolos pais/nais e titores legais do noso alumnado a seguinte información de interese relativa ás súas actividades para o curso 2021 / 2022.

Anpa2

Preme na imaxe para ver a información ao completo.

CONVOCATORIA SOLICITUDE FONDO LIBROS. CURSO 2022 - 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut