Skip to Content

CURSO 2020-2021

GRADUACIÓN

Ata sempre queridos alumnos/as, moita sorte na nova etapa e que se cumplan as vosas ilusións.

Clica aquí para ver máis fotos.

FIN DE CURSO POLO MAR

CLICA NA IMAXEN PARA VER MÁIS FOTOS

"O FIN DO CAMIÑO PORTUS APOSTOLI, para os peques do cole...

Tan só quedaban kilómetro e medio para rematar o noso camiño e conseguir a tan ansiada Compostelana, así que puxémonos a camiñar ata chegar ao noso destino: a igrexa de Santa Cristina de Barro. Alí esperábanos o arcebispo Berenguer de Landoira cunha chea de sorpresas...

 

SEMANA OLÍMPICA

 

SEMANA OLÍMPICA clica aquí no enlace ao noso canal YouTube

O luns 3 de maio comezamos a actividade da maratón. Os alumnos e alumnas de 2ºA, iniciaron o percorrido  para continuar os demáis cursos, ata culminar os 42km co alumnado de 4ºA.
Tamén tivemos a ceremonia de inauguración, realizada durante o recreo do luns. Os rapaces e rapazas de 4ºA, 4ºB, 5ºA e 5ºB, foron os encargados de desfilar portando os símbolos olímpicos polas diferentes zonas de patio de Infantil e Primaria.
Cabe destacar a impresionante labor do equipo de radio, formado por Alejandro, Alicia e Xabi de 6ºA, que retransmitiron en directo a ceremonia. Parabéns pola vosa boa actitude e o ben que organizástedes o programa especial de radio!!
Foi unha semana de ilusión a pesares do cansancio e o esforzo que supuxo a actividade.
Como recoñecemento ao seu esforzo e por conseguir o obxectivo da tarefa: percorrer 42 km!, fixemos entrega dunhas medallas de madeira para que as decoren nas aulas cos seus respectivos titores e titoras.
Dende aquí, queremos aproveitar para mandar unha mensaxe as familias sobre a importancia de fomentar a actividade física cos vosos fillos e fillas. A actividade física, non só axuda a mellorar a súas capacidades físicas, senón que tamén ten grandes ventaxas para a mellora de diferentes funcións do cerebro: a atención, a concentración, a memoria… ademáis reduce a ansiedade, alivia o estrés e prevén a depresión.
Un corpo activo xenera unha mente desperta!
“Mens sana in corpore sano”

 

PATIOS DINÁMICOS

 PATIOS DINÁMICOS


O patio é o lugar onde o noso alumnado se move libremente, onde pode canalizar toda a súa enerxía, onde busca a diversión e onde establecen relacións interpersoais que tantos conflitos xeneran ás veces.
O profesorado do centro observamos a necesidade de adaptar os espazos e materiais do cole ás necesidades e gustos de todos os alumnos e alumnas.
O curso pasado, durante o confinamento, unha das propostas ao alumnado por medio da aula virtual, foi que reflectiran as súas preferencias en canto a xogos e espazos do noso patio, e este curso queremos comezar a traballar nos patios como lugar socializante e inclusivo, onde a igualdade entre nenos e nenas e a educación emocional sexan os referentes.
Intentaremos desenvolver este proxecto ao longo dos próximos cursos. O alumnado será o principal protagonista e parte activa no diseño do entorno do cole.  
Nestas fotos podedes ver aos nenos e nenas plantando  vimbios co obxectivo de   construir unhas cabanas e uns túneles. 

 

CLICA NA PRIMEIRA PARA VER MÁIS FOTOS

O TREN DA PAZ 2021

     

                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                  

MAGOSTO ESPECIAL

NO SAMAÍN PERDEMOS OS MEDOS

Un Samaín especial, polo momento sanitario, pero como sempre intentamos que o alumnado o vivise dunha maneira especial, así cada un deprendeuse do seu medo introducíndoo nun gran saco que portaba Cabagrín, e a cambio recollían un agasallo.

Clica aquí para ver máis fotos.

SAMAÍN CON CABAGRÍN

Ola compañeir@s!!!

 

Xa chega Samaín

e con el, Cabagrín.

Viaxade con nós

como bos peregríns.

 

Sete camiños percorreremos

coa xente que máis queremos

e os noso medos

atrás deixaremos.

 

Vestide a vosa capa

Chapeu con cuncha

Poñede as sandalias

Collede o bastón

e desfrutade un montón.

 

Listos para comezar?

Distribuir contido


by Dr. Radut