Skip to Content

PATIOS DINÁMICOS

 PATIOS DINÁMICOS


O patio é o lugar onde o noso alumnado se move libremente, onde pode canalizar toda a súa enerxía, onde busca a diversión e onde establecen relacións interpersoais que tantos conflitos xeneran ás veces.
O profesorado do centro observamos a necesidade de adaptar os espazos e materiais do cole ás necesidades e gustos de todos os alumnos e alumnas.
O curso pasado, durante o confinamento, unha das propostas ao alumnado por medio da aula virtual, foi que reflectiran as súas preferencias en canto a xogos e espazos do noso patio, e este curso queremos comezar a traballar nos patios como lugar socializante e inclusivo, onde a igualdade entre nenos e nenas e a educación emocional sexan os referentes.
Intentaremos desenvolver este proxecto ao longo dos próximos cursos. O alumnado será o principal protagonista e parte activa no diseño do entorno do cole.  
Nestas fotos podedes ver aos nenos e nenas plantando  vimbios co obxectivo de   construir unhas cabanas e uns túneles. 

 

CLICA NA PRIMEIRA PARA VER MÁIS FOTOS



page | by Dr. Radut