Skip to Content

SEMANA OLÍMPICA

 

SEMANA OLÍMPICA clica aquí no enlace ao noso canal YouTube

O luns 3 de maio comezamos a actividade da maratón. Os alumnos e alumnas de 2ºA, iniciaron o percorrido  para continuar os demáis cursos, ata culminar os 42km co alumnado de 4ºA.
Tamén tivemos a ceremonia de inauguración, realizada durante o recreo do luns. Os rapaces e rapazas de 4ºA, 4ºB, 5ºA e 5ºB, foron os encargados de desfilar portando os símbolos olímpicos polas diferentes zonas de patio de Infantil e Primaria.
Cabe destacar a impresionante labor do equipo de radio, formado por Alejandro, Alicia e Xabi de 6ºA, que retransmitiron en directo a ceremonia. Parabéns pola vosa boa actitude e o ben que organizástedes o programa especial de radio!!
Foi unha semana de ilusión a pesares do cansancio e o esforzo que supuxo a actividade.
Como recoñecemento ao seu esforzo e por conseguir o obxectivo da tarefa: percorrer 42 km!, fixemos entrega dunhas medallas de madeira para que as decoren nas aulas cos seus respectivos titores e titoras.
Dende aquí, queremos aproveitar para mandar unha mensaxe as familias sobre a importancia de fomentar a actividade física cos vosos fillos e fillas. A actividade física, non só axuda a mellorar a súas capacidades físicas, senón que tamén ten grandes ventaxas para a mellora de diferentes funcións do cerebro: a atención, a concentración, a memoria… ademáis reduce a ansiedade, alivia o estrés e prevén a depresión.
Un corpo activo xenera unha mente desperta!
“Mens sana in corpore sano”

 



page | by Dr. Radut