Skip to Content

COLEXIO

        

 


O profesorado do CEIP   Plurilingüe  " Alexandre Rodríguez Cadarso" de Noia dalle a benvida a tódolos internautas que se achegan á nosa páxina web.
Esta páxina nace como consecuencia da aplicación dos novos medios informáticos á ensinanza, tendo como obxectivo primordial o dar a coñecer o noso colexio.Atópase en funcionamento dende marzo de 2002 e vai dirixida a calquera persoa que navegue pola rede.
Na nosa web atoparedes información sobre o noso centro e o concello de Noia, profesorado e alumnado, asociación de pais, actividades, horarios, textos.... Os contidos iranse actualizando periódicamente para que teñades información constante da nosa actividade.
Para navegar pola páxina só tendes que premer co rato nos enlaces que aparecen na esquerda.
Esperando que a páxina sexa do voso agrado e que vos sexa útil, despedímonos , e xa sabedes, voltade axiña.
Grazas por visitarnos.

 



page | by Dr. Radut