Skip to Content

Xogos tradicionais- Curso 2012-2013


Clica para ver máis fotos aquí

Por fin, a metereoloxía nos deixou realizar as xornadas de xogos tradicicionais que a chuvia levaba aprazando dende marzo. Os de primeiro ciclo viaxaron ao colexio do Cruceiro de Roo, os de segundo ciclo foron na Barquiña, e finalmente onte, os de terceiro ciclo xogáronse en Bergondo.

En tódalas xornadas participaron, os colexios de Esteiro, Cruceiro de Roo, Serra de Outes, Bergondo, e, por suposto, nós. Entre estes coles facemos 10 equipos nos que hai integrantes de tódolos centros, desta maneira conseguimos que ese día non sexa só unha xornada de xogo, senón que tamén prevaleza a relación social, ao mesmo tempo que lembran ou aprenden como pasaban o tempo libre os seus pais ou avós cando tiñan a súa idade.



page | by Dr. Radut