Skip to Content

VIAXE A MADRID

O alumnado de 5º e 6º estivemos catro días na cidade de Madrid facendo un percorrido moi variado e interesante.

Empezamos nas galerías Velvet vendo como gravaban un capítulo desta serie. Alí explicáronnos como é todo o proceso ata que xa está listo para emitir. Estivemos con tódolos actores e actrices, falando con eles e facéndonos fotos, foi moi divertido. Ó rematar tíñannos preparada unha merenda.

Agradecemos ó seu produtor Ramón Campos que fixera posible esta visita.

Ó día seguinte, percorremos en autobús acompañados por un guía os lugares máis representativos da cidade, A Cibeles, Neptuno, a Castellana, Porta do Sol, Plaza Maior...gustounos moito e o tempo foise voando. Rematamos coa visita ó Museo do Prado, sin comentarios claro.

Pola tarde ás cinco estaba esperándonos Antonio Insua (deputado) para levarnos como invitados a visitar o Congreso. Nesta visita acompañounos outro deputado, Juan de Dios, que coñece moi ben a súa historia.

Percorremos tódalas estancias e as explicacións de Juan de Dios eran moi interesantes.

Pola noite, diversión, fomos ó Rey León, nin que decir, encantounos.

Ó día seguinte máis diversión, a Warner, que locura!!! E antes de regresar a Noia, outro pouco de cultura, visitamos o Reina Sofía. A viaxe como vedes foi completiña, pero moi divertida.

 

Máis fotos na galería clicando aquí

Percorrendo a cidade de Madrid on PhotoPeach



page | by Dr. Radut