Skip to Content

CURSO 2023-2024

Cross Escolar / Proba do Loreto

O 1 de febreiro o noso alumnado participou na 2° fase da carreira de Cros no campamento do Loreto en Porto do Son. 

O bo tempo, os nervios e a diversión foron os protagonistas desta xornada deportiva. 

Dos case 80 participantes do noso cole, conseguiron clasificarse para a "Fase Intercomarcal" 15 nenos e nenas das diferentes categorías (benxamín, Alevín e Infantil), dito evento terá lugar o vindeiro 23 de febreiro en Noia.

Noraboa a todos e todas as participantes e a seguir apostando por un estilo de vida activo e saudable!

Semana de Entroido no CEIP P Alexandre R Cadarso.

Na vindeira semana do 5 ó 9 de febreiro, celebraremos o Entroido no cole, aquí tedes as consignas do Meco Repepico para estos días.

Mediación escolar.

Boas.

Como moitos de vós xa sabedes, onte día 30 de xaneiro foi o dia da paz. Para esta ocasión, o noso centro retoma unha gran inicitiva para traballar a convivencia entre o alumnado presentando o equipo de mediación escolar. Xa hai algun tempo que levan formándose neste eido para tratar de axudar a todo o alumnado.

Aquí deixamos constancia gráfica deste evento.

 

 

 

30 de xaneiro - Día da Paz

Dia da paz

Podedes descargar o dorsal que empregaremos no adxunto desta entrada.

CENTROS ADSCRITOS - RESERVA DE PRAZA CURSO 2024/2025

Ábrese o prazo de reserva de praza en centros adscritos para o curso 2024 / 2025.

Lembrade que, esta reserva é so para aquel alumnado que quere ou debe cambiar de centro por estar adscrito a outro centro, para continuar os seus estudos.

Para o noso centro: o alumnado de sexto curso que ten previsto matricularse no IES San Alberto.

 O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 15 de XANEIRO ata o 5 de FEBREIRO. Para facelo pódese escoller calquera das seguintes modalidades:

PRESENCIAL: Presentando a solicitude correspondente no centro educativo empregando o documento ED550A (anexo I e anexo I-bis). Anexo a esta entrada. (o podedes descargar na súa versión en galego ou castelán).

 

 Este documento debe ser cumplimentado, asinado e entregado no centro no horario de atención ao público, xunto coa documentación que se solicita, de ser o caso.

 IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10)

TELEMÁTICA: Así mesmo, pódese facer dita reserva de praza no seguinte enderezo da sede electrónica, co certificado dixital ou chave 365:

ENLACE Á RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE E. INFANTIL e PRIMARIA 

**NOTA ACLARATORIA:

O proceso de solicitude de praza de novo alumnado (4º de E.I./3 anos e outros cursos de nova incorporación) é un procedemento distinto do que informaremos puntualmente e que non comezará ata primeiros do mes de marzo.

Atentamente a dirección do centro.

Vacacións Nadal 203/2024

O equipo docente do noso centro quere desexar a toda a comunidade educativa unhas felices festas de Nadal.

Aproveitamos para sinalar que o periodo de vacacións será desde: o día 22 de decembro do 2023 ata o 7 de xaneiro do 2024 ambos incluídos.

Retornaremos ó centro o luns 8 de xaneiro do 2024.

 

Cross Escolar - XOGADE

Carreira Cross
Un ano máis o alumnado de 3,° a 6° de Primaria,participou na primeira xornada de Cross do programa Xogade que tivo lugar nas pistas de atletismo en Noia.

 

Este evento deportivo atrae cada ano a máis participantes convertíndose non só nunha simple carreira,senón nunha xornada de convivencia con rapaces e rapazas doutros centros da comarca.
Os nervios e a ilusión estivo presente dende os días previos á carreira, hai que recoñecer que temos uns alumnos e alumnas ben valentes! Felicidades por atrevervos a un novo reto e polo voso comportamento, foi de 10!!
A próxima, se o tempo o permite, será o 26 de xaneiro en Porto do Son.

 

Formación medidadores/as escolares 2023.

Os nos@s mediadores remataron a formación que tiveron con Susana da Asociación Alicce.

Xa estamos preparad@s para retomar esta iniciativa que tan bos resultados acadou nos anos que estivo funcionando. Polo tanto, xa non queda nada poñer en marcha o Servizo de Mediación do noso centro.

   

SAMAÍN 2023

O pasado día 30 de outubro, celebramos no noso centro o Samaín.

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades que fixemos.

   
   
   

Visita á XXIV edición curtas Vila de Noia

O vindeiro venres 3 de novembro, o alumnado do noso centro se desprazará á Vila de Noia para visionar unha escolla de curtas, presentadas nesta edición do festival .

Distribuir contido


by Dr. Radut