EMOCIOMARTES SETEMBRO

BENVIVIDAS familias.

Este novo curso 2023-24 continuamos coa formación emocional dos nosos alumnos, co programa EMOCIOMARTES, Aprendices Emocionais., unha formación que favorece o autocoñecemento e a xestión das nosas emocións, básico ao longo de todas as etapas da vida.

En setembro realizamos unhas dinámicas para favorecer o coñecemento persoal e interpersoal dos alumnos e mellorar a cohesión dos grupos.  Rematamos as dinámicas con ABRAZOTERAPIA.

 

 

 

It's autumn!

Estas primeiras semanas nas seccións bilingües do 1º ciclo de Educación Primaria estivemos traballando o outono (autumn).

Primeiro repasamos as cores cun Arco da Vella moi típico desta estación:

Despois repasamos as cores do outono creando unha árbore: coas nosas mans!

E... por último estivemos repasando as partes do corpo con animais de outono e sobre todo do Halloween!

Creamos arañas:

Creamos gatos:

E un monstro ben colorido!

Dossier Erasmus+

Presentamos o noso dossier Erasmus+, cos resultados do proxecto Our Eco-School is blooming, implementado na escola o curso pasado e financiado polo programa Erasmus+ que como sabedes é o programa da Unión Europea para apoiar a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa.

CLICA AQUÍ PARA VELO

LIBROS DE TEXTO 2023/2024

Libros de texto para o próximo curso 2023/2024

REVISTA BREOGÁN 2023

in

XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA DESTE CURSO!

 

Pinchade na foto para poder vela:

Waste, lost and found in Balaídos

 

 

Fixemos esta obra de arte nas clases de Art de 2º e 3º con todo o material utilizado durante o curso. Queríamos reflexionar sobre todo o lixo que producimos no noso día a día e pensar en alternativas para reducir residuos!

 

Paseos na natureza

Coma actividades finais de curso (e tamén incluídas no noso programa Erasmus de actividades na natureza) fixemos varias saídas. Unha delas foi ao Monte Vixiador, onde todo o alumnado de Educación Infantil gozou dun gran día na natureza! O alumnado de 6º fixo un percorrido polo Lagares, identificando especies vexetais e animais. 

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A HUMOR AMARILLO

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso ao Parque de aventuras "Humor Amarillo" no monte Alba.

Alí dividíronnos en equipos, de 14 nenos e nenas máis ou menos, co seu nome como grupo e baile da victoria! Pasaron por unha variedade de retos: loita de sumo, telaraña, rodillos, pelota xigante...

Pasáronno xenial!

Despois camiñamos un pouco para comer no Monte Cepudo, onde descansamos un ratiño e volvemos deixar voar a nosa imaxinación para seguir xogando e vivindo aventuras neste día tan especial.

Aquí deixamos unha mostra gráfica dalgúns momentos vividos:

 

VISITA AO VIGOZOO

O alumnado de 2º de Educación Primaria visitou o Zoo de Vigo reforzando e ampliando os contidos traballados en ciencias dun xeito máis práctico e ameno.

A visita foi más alá da mera observación de animais, senón que os nenos e nenas comprendan a importancia desta institución en diferentes ámbitos como: en primeiro lugar, centro de acollida, refuxio de animais feridos, función de gran importancia pois proporciona un lugar digno onde vivir a animais sen fogar, que xa non é posible reintroducir na natureza,. como a tigresa que estaba nun circo e a que lle arrancaran as garras. Por outro lado, como centro de recuperación de especies amenazadas, como por exemplo: o programa de cría da tartaruga europea, unha das especies galegas máis amenazadas.

Aprendemos cousas tan interesantes como a diferencia entre un "cuerno" e unha "cuerna"; quen é a lider alfa na sociedade dos lémur...

Aquí vos deixamos unha reportaxe gráfica da visita!!

 

Limpamos o Parque da Bouza

 

Con motivo do Día do Medio Ambiente, o alumnado de 4° recolleu lixo no parque da Bouza e tamén investigou sobre as instalacións e sobre o que precisa máis coidado e reparacións. Foi unha gran xornada coidando o medio ambiente!

Grazas á asociación As Da Bouza pola idea e o traballo conxunto.

 

 

 

Distribuir contido

Back to top