Recollida de tapóns

 

 

Instalamos na entrada do colexio un contedor para que as familias que queiran colaborar co coidado do medioambiente deixen os seus tapóns de plástico, tamén os das merendas do cole. É unha maneira de concienciarnos do plástico que xeramos e de axudar a unha boa causa, xa que van destinados a Fundación Hogar de San José.

 

Action painting, creando con Jackson Pollock

Neste curso aprendemos sobre o artista Jackson Pollock e o action painting, polo que puxémonos mans á obra mentres escoitabamos música jazz para realizar os nosos cadros. 

 

Creando con Keith Haring

Estamos coñecendo a figura de Keith Haring e as súas creacións, coas que o artista buscaba por riba de todo "facer a xente feliz" e polas que se fixo mundialmente coñecido. Fixemos as nosas interpretacións co noso corpo, con plastilina e tamén con diversos materiais. Ata elaboramos un sobre reciclado para poder levarnos a nosa arte a casa!

 

 

 

Creando retratos

 

 

Tocounos debuxar a un compañeiro ou compañeira de clase, usando diversos materiais. Aproveitamos tamén para practicar as descricións e presentalo a toda a clase!

 

 

 

Creando con Laxeiro

 

A Escola Municipal de Música de Vigo colabora co Museo Marco, aproveitando a exposición de Laxeiro, poñendo en práctica un experimento pictórico-musical onde o alumnado de 2º de Primaria disfrutou da pintura de Laxeiro e da música dos profesores da Escola Municipal. Aproximáronse dun xeito lúdico, con actividades diferentes, ao concerto que escoitaron e decatáronse dos xeitos de expresión artística compartidas nas dúas disciplinas. 

Dende Art quixemos unirnos á actividade e pintamos dous cadros (un en cada clase) escoitando os diferentes instrumentos.

Esperamos que vos guste o resultado!

 

Visita de Sandra Reyes e Modesto Ochoa

 

Dentro do noso proxecto Erasmus+, visitaron o noso cole Sandra Reyes e Modesto Ochoa, activistas medioambientais de Honduras. Falaron co alumnado de 6°, explicáronnos moito sobre o seu labor e sobre a importancia de coidar o planeta. Plantaron un carballo no noso xardín xunto co alumnado de 1° de Primaria. Grazas por todo!

 

Esta actividade foi promovida grazas á colaboración da Coordinadora Galega de ONGD, que organizou a xira Futuro en Común. Podedes ler máis sobre a actividade na súa páxina web, clicando aquí.

 

Visita Erasmus+ dende Portalegre

No mes de maio visitounos Lígia Maria Guerreiro, do Agrupamento de Escolas José Régio de Portalegre (Portugal), dentro do noso proxecto Erasmus + "Our eco-school is blooming". Explicounos as actividades que fan nas súas eco-escolas, deu unha formación ao profesorado e ensinounos como facer xoguetes con material reciclado. 

O agrupamento de Escolas pertence a rede portuguesa de Eco-escolas, levando case dez anos realizando todo tipo de proxectos relacionados co medio ambiente. A mestra deu unha formación sobre todos estes proxectos (camiños na natureza, aforro de auga, enerxía…) á vez que observou as potencialidades do noso colexio e as posibilidades que temos para impartir aulas na natureza e diminuír o número de plásticos. Achegou suxerencias coma un xardín vertical, a creación de camiños na senda do Lagares ou unha presencia real da reciclaxe no noso centro.

 

Así mesmo, realizou actividades co alumnado de sensibilización sobre o coidado da natureza. Obrigadas, Lígia!

 

 

 

 

Visita Erasmus+ a Grecia

 

As mestras Xela e Nerea viaxaron ata a escola Rizario Kindergarten en Trikala (Grecia). Alí, fixeron obradoiros cunha combinación de actividades STEM e medioambientais a través dos contos de fadas, participaron nunha plantación de árbores e realizaron un taller práctico sobre o uso de dispositivos intelixentes e equipamento TIC en actividades educativas e de aprendizaxe.

Ao mesmo tempo, observaron diferentes enfoques á hora de integrar o contorno da escola na aprendizaxe así coma nas actividades diarias do centro. Visitaron un centro medioambiental, no que recibiron unha formación sobre o bosque de Pertouli, un exemplo en respeto e coidado da natureza. Coñeceron a cidade, a escola e o seu contorno, observando potencialidades na mesma e adquirindo ideas que poder implementar de volta no noso centro. En resumo, foi unha gran experiencia que redundará nunha maior calidade para a nosa ensinanza!

 

 

 

Easter egg hunt

A nosa profe Linda preparounos unha Easter egg hunt, onde buscamos ovos de Pascua con pistas sobre a natureza! Atopámolos todos! 

Art na natureza, creando con Maruja Mallo

 

Saímos ao xardín a debuxar a natureza coma fixo a artista Maruja Mallo, e tamén fixemos unhas máscaras moi divertidas inspiradas na súa obra.

 

Distribuir contido

Back to top