Hora de ler coa teacher Linda

 

 

Este curso tivemos a gran sorte de contar cunha storyteller excepcional. A profe Linda contounos contos en inglés na hora de ler, dende Infantil ata Primaria, realizando tamén actividades culturais e xogos!

 

Thank you Linda!

Creando con Leonardo Da Vinci

 

En Art estivemos aprendendo sobre a obra de Leonardo da Vinci e fixemos as nosas propias versións da súa pintura máis famosa: A Gioconda ou Mona Lisa.

Esperamos que vos gusten! 

 

Visita Erasmus+ a Eslovenia

 

 

Os mestres de Educación Física Pablo e Martín viaxaron ata Liubliana, a capital de Eslovenia, onde na escola de Vrtec Trnovo realizaron unha observación das prácticas pedagóxicas, aprendendo sobre novos métodos innovadores de ensinanza e familiarizándose con diferentes técnicas sobre como achegar a contorna da escola á aprendizaxe así como introducir o coñecemento e o coidado do medioambiente nas actividades do día a día. Esta actividade forma parte do noso proxecto europeo "Our eco-school is blooming".

 

Aprenderon sobre o proxecto deste centro, “Work with a puppet” e a súa metodoloxía, así como a integralo no proceso educacional, observando e participando na aprendizaxe por descubrimento.

 

Tamén foron de excursión ao castelo da cidade co alumnado. Foi unha experiencia moi valiosa, para repetir no futuro e continuar traballando xuntos!

 

 

Orientación na natureza

O pasado mes de febreiro fixemos unha actividade de Orientación no Parque de Castrelos co alumnado de 5º de Primaria co obxectivo de coñecer as especies vexetais do parque e fomentar a práctica de exercicio no exterior.

O alumnado realizou un percorrido polo parque atopando unha serie de balizas nas que había un conxunto de preguntas relacionadas coa flora do parque e o coidado do medio ambiente.

Esta foi a última sesión da unidade didáctica integrada sobre Orientación e Medio Ambiente, relacionada á vez co noso proxecto Erasmus+ “Our eco-school is blooming”. Participaron os mestres de Educación Física, os titores de 5º de Primaria e as mestras de Eslovenia participantes no noso intercambio. Que ben o pasamos!

 

 

Vídeo do noso centro

Co motivo das xornadas sobre competencias docentes organizadas pola Consellería de Educación, o noso centro presentou como se traballa a competencia dixital nas diferentes etapas educativas. Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra de todo o que se fai día a día nas nosas aulas.

8 M, PON OS LENTES VIOLETAS

Os lentes violetas son unha metáfora para explicar como se ve a vida con perspectiva de xénero, e dicir, proporcionar unha mirada crítica para descubrir as desigualdades entre homes e mulleres no día a día.
 
Co lema "Pon os lentes violetas para ver as desigualdades entre homes e mulleres" no mes de marzo realizamos diferentes actividades. 
 
 
" Pon os lentes violetas (para cambiar os titulares de prensa)": En educación infantil contamos o número de homes e de mulleres que aparecen nas fotografías que acompañan as noticias. En educación primaria analizamos titulares de prensa e tras a reflexión da mensaxe que lanzan e onde identifican o sexismo, redactaron titulares alternativos non discriminatorios que representan a mensaxe real.
 
Obradoiro de contrapublicidade feminista" impartido por A Morada ao alumnado de 6º de primaria. Despois da análise e reflexión sobre a imaxe das mulleres na publicidade compuseron colectivamente anuncios contrapublicitarios mediante a colaxe colectiva.
 
Desde peques moi diverXos": obradoiro de diversidade afectivo-sexual, de xénero e familias, impartido pola Asociación Nós Mesmas ao alumnado de 1º, 3º e 5º de primaria.
 
Visita do Comando Igualdade, do IES Alexandre Bóveda, para contarnos a súa experiencia.
 

I Obradoiro Steam en familia.

As familias tiveron a oportunidade de ver todo o que fixo o alumnnado do centro durante esta segunda avaliación da man dos seus propios fillos e fillas, que foron os que lles mostraron non so o producto final senón que lles ensinaron como facelo, de tal maneira que puideron facer os seus propios debuxos, circuitos, prototipos...

 

LIMPIÑA, A PRAIA MÁIS BONITIÑA

O proxecto anual deste curso é: "AFORRA ENERXÍA, COIDA A TERRA... ALONGAREMOS A VIDA"

O mar cobre a maior parte do noso planeta. Nel viven miles de especies animais que nos proporcionan alimento. Cando o mar se achega ás nosas costas, gozamos de fermosas praias que nos axudan a descansar e a divertirnos. Pero como todas as cousas valiosas, temos que ser nós os que coidemos este tesouro de sol, auga e area, respectando a súa hixiene para que as praias e o mar estean limpos sempre, e procurando non molestar ás persoas que gozan da praia á vez que nós.

O alumnado de 2º de Educación Primaria, comprometido co medio ambiente, quere contarvos a historia de Limpiña, unha das tantas praias que temos en Galicia e facernos reflexionar. 

A técnica audovisual empregada para realizar o seu traballo é o Croma, na que se reemplaza á area que ocupa unha cor por unha imaxe fixa ou unha imaxe en movemento. Técnica moi empregada tanto no cine coma na televisión. 

   

 

UNHA VIAXE POR LAXEIRO

A Escola Municipal de Música de Vigo colabora co Museo Marco, aproveitando a exposición de Laxeiro, poñendo en práctica un experimento pictórico-musical onde o alumnado poderá disfrutar da pintura de Laxeiro e a música dos profesores da Escola Municipal.

O alumnado de 2º de Educación Primaria aproximouse dun xeito lúdico, con actividades diferentes, ao concerto que escoitaron e decatáronse dos xeitos de expresión artística compartidas nas dúas disciplinas. Responderon tamén as seguintes cuestións:

- Soa un cadro?

- Podes ver a música?

- Como soan as cores?

- Que formas teñen os sons?

Deixamos unha pequena mostra da gran experiencia vivida:

 

PERIODO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 23/24

Comezou o prazo de presentación de solicitude de admisión ordinario para o próximo curso escolar, ata o 20 de marzo. 

Distribuir contido

Back to top