Traballando para uns recreos sen plásticos

No primeiro trimestre xuntamos tódolos plásticos xerados no recreo durante unha semana enteira, tirámolos no patio e intentamos recollelos nun minuto de tempo. Como comprobamos, non foi unha tarefa fácil. Aprendimos grazas á páxina de Teachers for Future canto duran os nosos desperdicios na natureza.

Queremos seguir coidando o noso Planeta!

 

 

 

 

 

BO NADAL!!!

O equipo do Ceip Balaídos deséxavos un moi feliz nadal e un gran ano 2023!!

SAÍDA DE ED. INFANTIL AO CIRCO

O pasado día 9 de Decembro todo o alumnado de Infantil disfrutou do espectáculo do Circo ambientado na antiga panificadora de Vigo. Houbo malabaristas, equilibristas, bailarines,...todo o necesario para pasar unha marabillosa xornada circense.

 

VISITA Á EXPOSICIÓN "LA GRAN AVENTURA DEL CUERPO HUMANO"

O venres 9 o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria encamiñouse cara a exposición "La gran aventura del Cuerpo Humano" situada en Coia.

A mostra permitiu aos rapaces adentrarse no corpo humano. Percorremos os órganos principais, descubrindo curiosidades, experimentando, tocando...

Foi unha experiencia dinámica e educativa que complementou o traballado, nas aulas, durante estes meses.

Deixámosvos unha mostra do que vivimos:

 

CONMEMORACIÓN 25 N

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, levamos a cabo na escola accións de sensibilización e prevención de todas as formas de vioLeoncia contra as mulleres e a importancia de alcanzar a igualdade total.

Esta ano inspirámonos na canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras para elaborar os carteis e deixar os nosos lemas e imaxes de repulsa nas ventás.

Ademáis contamos coa colaboración do alumnado de 6º, 5º e 4º de primaria que leron aos seus compañeiros e compañeiras do cole contos pola igualdade e contra a violencia de xénero.

 

Liberando libros polo medio ambiente!

Xa podedes atopar na entrada do colexio o noso punto Bookcrossing, onde intercambiaremos libros. Podedes coller os que queirades e deixar os que xa non utilicedes. Animádevos a participar! 

 

Por uns Recreos Residuos Cero

 

O noso Centro xa forma parte da rede RECREOS RESIDUOS CERO, un programa da plataforma Teachers for Future Spain, polo que animamos e motivamos ao noso alumnado a que nos seus almorzos e merendas non haxa residuos ou polo menos, o mínimo posible. Podedes acceder a máis información, clicando AQUÍ. Xuntos podemos logralo!

 

VISITA AOS BOMBEIROS DE VIGO

O alumnado de 2º de Educación Primaria visitou, o 25 de novembro, aos Bombeiros de Vigo.

Alí explicáronnos as características do seu Servizo, recoñecer os riscos básicos cos que podemos atoparnos na nosa vida cotiá; adquirir coñecementos de autoprotección, prevención, seguridade e resposta ante emerxencias; aprender como evitar incendios, que obxetos son os máis perigosos e que facer en caso de incendio; aprender os números de teléfono de emerxencia, etc.

Mostráronnos, tamén, as distintas dependencias do Parque, os materiais que porta un camión...

Queredes ver o ben que o pasamos? Dádelle ao play!

  

Creando con Hervé Tullet

 

 

Na clase de Art estivemos experimentando coa obra de Hervé Tullet, colaborando no proxecto "La exposición ideal" baseado na arte e na estética deste artista. 

 

MAGOSTO NO COLE

Hai uns días celebramos o cole o noso MAGOSTO, un fantástico día de xogos e diversión.

Distribuir contido

Back to top