Chegan os LIBROS CEIBES!

Esta semana púxose en marcha a actividade dos LIBROS CEIBES no colexio.

Sabes en que consiste?

Nesta actividade usaremos os libros doados polos nenos e colgaremolos por toda a planta principal á disposición de todos os nenos que os queiran. O único que pedimos é que cando collan un libro deberán entrar no blog: librosceibes.blogspot.com e colgar un comentario na entrada do libro e devolvelo ao seu lugar.

Se queres máis información, visita a Lareira dixital, o noso blog de normalización da lingua galega.

 

 

Celebramos o entroido!!

Pese a choiva, os nenos e nenas do noso centro puideron celebrar o desfile do entroido, onde luciron os seus disfraces. Todos eles relacionados co tema da Luz. Aquí temos as fotos do desfile de infantil.
 
 
 
 
 
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2020/2021

 

O CENTRO ORGANIZA AS VISITAS PARA QUE AS FAMILIAS INTERESADAS POIDAN COÑECER O NOSO CENTRO, AS SÚAS INSTALACIÓNS E A NOSA MANEIRA DE TRABALLAR

NON DUBIDEDES EN VISITARNOS!!!!

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:

 MARTES 18 de FEBREIRO de 16:00 a 18:00

 

Día da paz 2015

Aquí tedes o vídeo de todo o que fixemos na celebración do día da paz.

Ademáis os compañeiros do equipo de A lareira dixital prepararon esta recopilación de fotografías.

AS ORDES DO MECO

 Como todos os anos cando vai empezar o entroido o Meco que preparan os nenos e nenas de 6º "suxire" as súas ordes para cada día da semana.

Queredes saber cales son as deste ano?

Pois... aquí as tedes!

Para o LUNS 9, o Meco di:

"Música disco hai que bailar,

para a semana alegrar"

Para o MARTES 10, o Meco di:

"En pixama e zapatillas tes que vir,

para poderte divertir"

Para o MÉRCORES 11, o Meco di:

"De moitas cores hai que vir,

para ao Meco facer rir"

Para o XOVES 12, o Meco di:

"De rapeiro virás,

e así rapearás"

E o VENRES 13, o Meco di:

Achégase o entroido

O entroido está preto, e iso nótase no cole. Xa adornan as paredes debuxos de Merdeiros, Pantallas, Cigarróns... e máis!!

Exposición "Galicia, conservando a natureza"

Durante as próximas dúas semanas poderemos disfrutar no noso centro da exposición itinerante "Galicia, conservando a natureza". O equipo do laboratorio dispuso un percorrido polo centro para no que poderemos observar os 22 paneles que recollen dunha maneira moi gráfica e sinxela a grande riqueza paisaxísitica da que goza a nosa comunidade autónoma.

 

Aquí tendes unha actividade para poñer a proba a vosa capacidade de observación. Que fotos o ilustracións estaban presentes nos paneis da exposición?

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

COMEZA O PROCESO DE RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES 

ESTE ANO RENÓVASE A SÚA COMPOSICIÓN COA ELECCIÓN DOS SEGUINTES REPRESENTANTES:

FAMILIAS DO ALUMNADO: 2 REPRESENTANTES

PROFESORADO: 2 REPRESENTANTES

Anímate! Participa!

 

A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA OS DIFERENTES SECTORES (FAMILIAS DO ALUMNADO e PROFESORADO), COMEZA o 8 DE NOVEMBRO E REMATA ÁS 14 HORAS DO 15 DE NOVEMBRO.

OS MODELOS DE CANDIDATURAS PODEN RECOLLERSE NA SECRETARÍA DO CENTRO

 

 

A CONSTITUCIÓN E CELEBRACIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR SERÁ O MARTES 5 DE DECEMBRO ÁS 14 HORAS

 

O SEGUIMENTO DE TODO O PROCEDEMENTO PODE SEGUIRSE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS

Recursos on-line para 4º de primaria.

Recopilación de recursos online para traballar a lingua de 4º de primaria. Pasade polo apartado de 2º ciclo!!

Distribuir contido

Back to top