XORNADAS DE BALONCESTO CO CLUB BALONCESTO REDONDELA

Todos os mércores do mes de marzo, varios monitores do Club Baloncesto Redondela van presentar ao alumnado de Primaria o deporte do baloncesto. Na primeira sesión, os nenos e nenas de 4º e 5º, realizaron diversos xogos e actividades para tomar un primeiro contacto co mesmo. Tres xogadores do equipo sénior, Diego, David e Jacobo, dirixiron a sesión, que contou cunha excelente acollida por parte dos rapaces/as. O Club Baloncesto Redondela ofrecerá o curso vindeiro Baloncesto como unha nova actividade extraescolar no colexio.

 

A filosofía do Club Baloncesto Redondela é que "o baloncesto e, en xeral, o deporte, favorece a integración do alumnado, a súa sociabilidade, o traballo en equipo, o sacrificio e o esforzo, ademais de mellorar  a súa condición física, sen esquecer o seu aspecto lúdico. Non se trata só de formalos na técnica deportiva, senón tamén formalos como persoas, fomentando valores como a solidariedade e  a deportividade".

Powered by Drupal - Design by artinet