NOVAS

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Infórmase aos interesados/as de que foron admitidas todas as solicitudes de admisión presentadas dentro do prazo ordinario.

As listaxes pódense consultar:

  • Presencialmente: no taboleiro do centro.
  • Telemáticamente: a través da aplicación admisionalumnado utilizando a chave365 ou certificado dixital.

 

 

ENQUISA PARA ESCOLLER A RECREACIÓN DE PORTADA

Fai click na foto e poderás acceder á votación para escoller a recreación de portada que máis vos guste.

Lembrade que só se admite un voto por persoa.

Grazas por participar.

A FESTA DOS MAIOS

No Ceip Plurilingüe de Cedeira traballamos tamén para manter e gozar das tradicións. Nesta semana celebramos a festa dos maios, e de novo con premio no concurso da alameda de Redondela coa inestimable axuda da ANPA en colaboración un ano máis co centro de día "OS CORTIZOS".

     
 
   
 

 

     

 

 

EMPEZAN OS "MARTES CREATIVOS"

Hoxe 12 de marzo, dan comezo os "MARTES CREATIVOS", uns obradoiros que inclúen a todo o alumnado do colexio, en grupos de varios niveis que practican: robótica, origami, Lego, lapis 3D, Lupo, cociña e matelería, radio, percusión, figuras magnéticas, circuitos eléctricos e elementos antiestrés. Todo isto aproveitando os materiais do Polo creativo.

 

ENTROIDO 2024 EN CEDEIRA

Outro ano máis que celebramos o Entroido no cole de Cedeira!

Non importa que chova, estamos sempre dispost@s a pasalo ben.

Este curso queremos desfacernos dun Meco moi doce e buscamos unha vida máis saudable acompañad@s por... "cociñéir@s, cítric@s, panadeir@s e pasteleir@s, nen@s de aldea e deportistas". Todos e todas queremos ter un cole máis saudable e con "menos doce".

Ademáis, este curso, vimos a oportunidade de recuperar unha tradición moi antiga que era a "Corrida do galo". O colexio Amaro Refojo de Verín propúxonos un intercambio de informción sobre as celebracións de Entroido, así que, grazas á colaboración do alumnado de 5º e as súas familias e veciños, investigamos para ver que facían os nenos e nenas doutras épocas que ían pola parroquía: cunha andia, unha gaiola e metido nela, un galo, o máis lustroso da contorna. A rapazada pedía cartos para "mercar pantalóns novos" (porque, como di Aurora, a avoa de Zoraida, tíñanos moi rotos); paseaban o galo desde a Portela, pasando pola "Taberna nova" (hoxendía a farmacia) e chegando ao "Sube se podes" (como nos dixo o pai de Lara). Cantaban coplas moi bonitas e "ocorrentes" (como comentou o avó de María). Despois, xa desde o colexio, nenas e nenos correron o galo (como nos dixeron as nais de Xoel e Mara).

Nós quixemos darlle un sentido distinto e fixemos un galo de mentira, pero artístico... ademais fixemos coplas e vendemos rifas; sorteamos o galo e imos donar os cartos á protectora de animais de Vigo.

E como din as coplas... "Para o ano que vén, que o pasee o que queira!"

 

CHEGA O ENTROIDO...

 

 

Comezou a conta atrás... chega o Entroido!

Estamos preparad@s e case comezamos...

Chegan os MANDADOS DO MECO!

O luns, tal e como saias da cama, non quites o pixama.

O martes, comida sá e equilibrada e trae unha cousa no pescozo colgada.

O mércores move os pés trae algo do revés.

O xoves comades o que comades, vir como queirades.

E este ano... recuperamos a CORRIDA DO GALO en Cedeira.

Se queres saber en que consistía... escoita os audios das entrevistas que o alumnado de 5º lle fixo ás súas familias, aos veciños e veciñas da parroquia que participaron nesta tradición cando eran nenos e nenas.

Audio do pai de Lara.

Audio do pai e veciño de Javier. 

Audio de Abel un veciño de Javier.

Audio do avó de María.

Audio da nai de Mara.

Audio da avoa de Zoraida.

Tamén podes ver as fotos deses anos con alumnos do colexio que hoxe son pais e nais do noso alumnado.

 

 

 

DÍA DA PAZ. CARREIRA SOLIDARIA

Un ano máis celebramos o DÍA DA PAZ cunha carreira solidaria en colaboración con Save the Children.

Toda a comunidade escolar participou, xa correndo, xa organizando, xa animando... Como remate cantamos e bailamos ao son do "Tren da paz de Cedeira" e da canción "Acubíllate".

Unha xornada inesquecible e emotiva!

Desexamos que a PAZ sexa unha realidade!

 

Powered by Drupal - Design by artinet