LIBROS PARA TEMPOS REVOLTOS: PARA DESCARGAR E PARA VISUALIZAR EN ABERTO

Varias editoriais poñen a disposición dos lectores e lectoras varios títulos, adecuados para distintas idades.

Un bo momento para ler. Preme nas imaxes e accederás ás paxinas de descarga e visualización.

 

                                                                              
                                                                                                                                                        

 

 

 

@S NOS@S ALUMN@S TEÑEN MOITO QUE DICIR...

 

 

O alumnado pon o seu gran de area dando consellos nesta época tan complicada.

Traballando en equipo ímolo conseguir!

Entra neste enlace e verás o que están propoñendo.

 

 

Podcast de ceipcedeira: RECITADO DE VERSOS DE ROSALÍA

Na canle de radio ceipcedeira en iVOOX, xa podedes escoitar o emotivo recitado de versos no que participou todo o alumnado do colexio para celebrar o día da poeta.

Preme na imaxe para escoitalo.

TRABALLO PARA REALIZAR DURANTE O PECHE POR CORONAVIRUS

Seguindo as instrucións comunicadas pola Consellería para todos os centros de ensinanza, en relación coa pandemia COVID-19 para os próximos 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020, preséntanse a continuación as tarefas que dispuxo o profesorado para estes días.

Facendo click no curso correspondente poderedes acceder a cada un deles.

 

                                                                                                                                                  

 

https://4.bp.blogspot.com/-vU2-0_tFPBQ/Wt2q_3lyzGI/AAAAAAAADZ8/a2WfXXELCCMTGbsyk9bpLdScgtc6_T-yACLcBGAs/s1600/dia%2Bdo%2Blibro%2Bcartelillo%2Banimado%2B500.gif        
DIA DO LIBRO 1º, 2º e 3º  4º, 5º e 6º
 EXPERIMENTOS
D. ORIENTACIÓN
     
E. INFANTIL INGLÉS E. FÍSICA E. MUSICAL RELIXIÓN C.

 

 

Para calquera comunicación relativa ao traballo para estes días podedes empregar a conta de correo do colexio en gmail: ceip.cedeira@gmail.com

 

 

70 ideas fáciles para jugar con niños dentro de casa 

 

Save the Children dá 5 consellos sobre que facer e como actuar se os nenos e as nenas quedan na casa

  

8 apps españolas ofrecen gratis sus contenidos para que los niños aprendan desde casa

 

 

 

MEDIDAS NOS CENTROS DE ENSINO POLO CORONAVIRUS

Na páxina web da Consellería de Educación están as medidas que se van adoptar en relación ao coronavirus.

RADIO CEDEIRA

Xa podedes seguir as nosas andanzas coa radio... O Cefore de Vigo prestounos unha radio e "está que bota fume". Podedes seguirnos en iVOOX ou no enlace que tedes no bloque da esquerda.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o Día das Mulleres e quixemos representalas cunha prenda que é moi característica: as batas ou os delantais. Así que cada rapaz/a trouxo unha da súa mamá, avoa, tía, veciña, etc. e vestidos con elas recitamos poemas de Rosalía de Castro. Despois colgámolas pola verxa do colexio como símbolo presente durante toda esta semana. 

 

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía cun acto de recitado de poesías da autora, por parte de todas as nenas e nenos do colexio. Cadaquén recitou o seu verso e, entre todos e todas, quixemos lembrar ás persoas migrantes que houbo, hai e haberá, errantes polo mundo adiante en busca dunha vida mellor. 

As árbores do colexio quedaron repletas de postais con fotos de mulleres migrantes e versos que Rosalía escribiu e que perduran nos nosos corazóns.

Sempre viva, Rosalía!

Powered by Drupal - Design by artinet