Obradoiros

Obradoiro de radio

Escoita aquí o resultado: Radio Cores 5º Ponte nas... ondas!

O xoves 14 de xaneiro visitáronnos Xerardo e Damián, da

asociación cultural Ponte nas... ondas! Déronnos un

obradoiro de radio. Aprendemos a preparar e editar

un programa. Foi unha experiencia increíble e

pasámolo moi ben.

 

Escoita aquí o resultado do traballo de  e tamén o de

COIDAMOS O XARDÍN DO COLEXIO

Xa estamos no novo curso e temos que facer o mantemento do xardín que, despois de todo o verán, precisaba dun "arranxiño". Puxémonos mans á obra con moita ilusión e ánimo no traballo, as alumnas e os alumnos participantes, de 5º e 6º traballaron arreo para que o noso xardín estea coidado. Mesmo houbo que arranxar desperfectos que algún desaprensivo causou. 

O traballo en grupo, colaborando cos compañeiros e compañeiras fai que o tempo pase voando. Hai que facer moitas cousas: quitar herbas malas, podar, retirar follas caídas, reparar o valado, plantar, poñer carteis cos nomes das plantas, cociñar e degustar sobremesas con cabazas da nosa horta, etc.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo.

 

 

OBRADOIRO DE XARDÍN

Este ano, entre os obradoiros que ofrecemos ao alumnado de 5º e 6º, introducimos un novo, o de "Xardín e Horta". Con esta nova actividade pretendemos coidar o patio tan bonito que temos e engadirlle algo de color, así como enlazar o traballo de campo co de reciclaxe e paisaxismo... Todo un reto que está dando bos resultados, se non, botade unha ollada.

 

MARTÍN DE LA PUENTE VISITA O CEIP DE CEDEIRA

 

O pasado luns 3 de abril, recibimos no centro a visita de Martín de la Puente, un deportista de élite que participou nos pasados xogos paralímpicos de Río 2016.

Estivo compartindo un rato de conversa amigable co alumnado do colexio en dúas sesións, nas que lles contou como conseguiu chegar a ser un gran tenista e as dificultades que tivo que superar para alcanzar as metas que se foi propoñendo e todas as persoas que lle axudaron. Demostrou ser un gran deportista e sobre todo, unha grande persoa, tendo a amabilidade de responder a todas as preguntas que o alumnado lle fixo e de ensinarlles moitos valores que  asombraron a todo o centro.

Rematou as sesións asinando autógrafos a todos os asistentes, facendo gala dunha boísima educación e unha gran paciencia.

Moitas grazas Martín, por compartir un ratiño do teu tempo con nós. Grazas!

Deixamos unhas fotos do encontro para que vexades que ben resultou.

 

 

PROGRAMA DE MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

 

Dende o pasado 13 de marzo o  CEIP de CEDEIRA conta cun equipo de mediadores e mediadoras para a resolución de pequenos conflitos que xorden na convivencia diaria do alumnado. 

 

Neste programa denominado  “Mediación entre Iguais”, un mediador ou mediadora neutral axúdalle a dúas partes en conflito a chegar a unha solución pacífica.

 

Estes dez mediadores e mediadoras foron escollidos democraticamente, tendo en conta tamén a súa vocación e súa propia vontade. Recibiron do departamento de orientación 10 sesións de formación para o desempeño desta importantísima misión. Poderás coñecelos/as clicando na imaxe.

 

Como dí o noso lema: "A mediación sempre é a solución"

 

COCIÑA DO MUNDO

Como imos "polo mundo adiante" buscando tesouros, sitios raros, curiosos, tradicións interesantes, anécdotas curiosas, etc, pois tamén atopamos gastronomía propia nos países que visitamos.
Así coñecemos o SUSHI, típico de Xapón, e tamén os LAMINGTON de Australia. E como somos moi atrevidos, pois decidimos preparalos. Mirade que boa pinta teñen.

Powered by Drupal - Design by artinet