Novas da biblioteca

Semana das Letras Galegas

 

A actividade estrela, onde mellor o pasan e máis aprenden os nenos e nenas, é a Xincana das Letras Galegas, que consiste en ir atopando pistas e superando probas, todo relacionado coa vida e a obra de Xela Arias.

Ademais realizáronse actividades nas aulas en diferentes soportes e tamén en liña. Realizáronse varios programas de radio para podedes escoitar aquí:

2º de Primaria: faladoiro sobre Xela Arias

4º de Primaria: Noticieiro sobre Xela Arias

Obradoiro de radio: Xela en azul

Programa de chistes do mes de maio (obradoiro de radio)

       
       
 
Faldoiro de 2º Noticieiro de 4º Xela en azul (Obradoiro) Programa de chistes (Obradoiro)

EXPOSICIÓN: "O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO"

19/09/2017
Atlantic/Bermuda

 

Inauguramos o curso escolar 2017-2018 recordando ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares.

 Na planta baixa do colexio pódese contemplar unha colección de case cen libros en diferentes linguas e dialectos do mundo, da novela de Saint- Exupéry:  “Le Petit Prince” (O Principiño) que Carlos Casares traduciu ao noso idioma en 1972.

  A exposición pódese visitar ata o día 30 de setembro.

Poden visitala a primeira hora e ultima hora da mañá(de 9 a 10h e de 13 a 14 h.), de 15h. a 16h. e os martes pola tarde dende as 15h. ata as 19 horas.

 

  Convídamolos a que aproveiten esta ocasión para visitar e gozar con esta mostra tan particular e única.

 

     Podedes entrar no blog da biblioteca para ter máis información

 

            http://contintadechoco.blogspot.com.es/

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2017

 

Escoitade o programa de radio das Letras Galegas 2017. Este programa está dividido en dúas partes que poderedes escoitar clicando na imaxe.

Agardamos que vos guste!

 

 

O CEIP DE CEDEIRA NA TVG

05/05/2017 09:32
Atlantic/Bermuda

O pasado martes 9 de maio, a canle autonómica de televisión de Galicia (TVG) emitiu un programa, sobre as 10:30 da noite, titulado “O MELLOR CHOCO DO MUNDO” no que se fixeron reportaxes de diversos lugares da provincia, e entre eles, Redondela, onde falaron de como capturaban os chocos e tamén fixeron unha reportaxe no CEIP de Cedeira, xa que a nosa mascota da Biblioteca tamén é un choco, “O Choco Tinteiro”. Estiveron falando co director Xosé Luis, con distintos mestres e mestras do centro e co alumnado. Explicáronlle como xurdiu a idea da nosa mascota e o que representa tanto para os mestres e mestras como para o alumnado. Podedes ver o referente ao noso cole a partir do minuto 42:41

INFANTIL ACHÉGASE AO SALÓN DO LIBRO

 

Os nenos e nenas de infantil visitaron unha vez  máis o Salón do Libro de Pontevedra que este ano celebra a XVIII edición co lema “O mundo que queremos”.

Pasamos unha mañán estupenda percorrendo a exposición de traballos dos diferentes colexios participantes.

Tamén asistimos ao espectáculo de percusión Invención, do grupo Odaiko.

E por último merendamos nun novo espazo do Pazo de Congresos, acondicionado para que os nenos e nenas merenden  mentras   disfrutan da compañía de  libros marabillosos.

Agardamos con ganas a próxima edición.

 

ESCOITANDO TEATRO

 

Iníciase unha nova sección: Escoitando teatro, na que iremos subindo as gravacións de pequenas obras de teatro lido, preparadas polo alumnado. Con esta primeira, homenaxeamos a Castelao, que estivo de aniversario o pasado ano 2016.

A obra titúlase: "Os vellos non deben de namorarse". Escoitaredes o primeiro lance da mesma.

 

 

 

CANCIÓN POLA PAZ 2017

 

O pasado mércores 8 de marzo, o alumnado e o profesorado do Ceip de Cedeira, cantaron e bailaron a canción: “Mensajes del agua” de Macaco como broche ao fantástico día deportivo e solidario, que comezou coa carreira solidaria para recaudar fondos para a ONG “Save the children” e rematou con esta fantástica canción, da que vos deixamos un maravilloso resumo no seguinte vídeo.

Antes da interpretación da canción, o alumnado foise colocando en círculos por cursos, formando os aros olímpicos, para o cal cada curso portaba cartolinas das diferentes cores dos aros. Durante a interpretación da canción, o alumnado levantaba as cartolinas e bailaba a canción de Macaco coa coreografía que prepararon na aula de música. Cos resultados das gravacións, o Departamento TIC elaborou este fabuloso vídeo, que xa forma parte dos arquivos da nosa canle de TV, CEDEIRA TV. Non o perdades, porque quedou fantástico e “Da gusto velos!”.

Agradecendo a participación de todos e todas, alumnado e  profesorado, agardamos que o resultado sexa do voso agrado. Deixamos o enlace ao vídeo clicando na foto.

 

Deixamos tamén o Diploma que recibiu o Ceip de Cedeira por  participar na iniciativa de Quilómetros de Solidariedade e recadar fondos para as actividades realizadas pola ONG Save the Children.

 

Powered by Drupal - Design by artinet