Deportes

XOGOS POPULARES EN CEDEIRA

 

O pasada semana do 8 ao 12 de maio, tivemos no colexio un obradoiro de xogos populares  cedidos en préstamo polo Concello do Grove, que resultou moi interesante e no que participou  todo o alumnado. Fixémolo en 5 sesións durante os recreos por 5 zonas nas que rotaron todos os cursos desenvolvendo as súas habilidades nestes xogos tan interesantes.

A participación do alumnado foi moi alta en todas as sesións e resultou moi chamativo comprobar que durante unha semana eran capaces de pasalo moi ben e de esquecerse dos balóns durante unha semana.

Deixamos unha nova reportaxe de Cedeira TV onde nos explican como resultou o desenvolvemento dos xogos e o ben que o pasaron. Agradecer a todo o alumnado a súa participación e aos reporteiros e reporteiras polo seu magnífico traballo.  

 

COÑECENDO AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

 

O martes 2 de maio, recibimos a visita do clube AROMÓN – montañeiros de Pontevedra – A Roelo, que organiza e realiza carreiras de orientación, que se vai encargar de organizar unha en Redondela o vindeiro Domingo 7 de maio ás 10:00, polas rúas do centro.

O monitor contounos en qué consistían as carreiras de orientación, que material se precisaba, como interpretar os planos e que elementos hai neles e como identificar os postos de control do percorrido da carreira. Resultou moi interesante e o alumnado amosou bastante interese. Animounos a inscribirse na carreira de iniciación do domingo e a pasar un rato divertido facendo un deporte tan completo coma este.

 

1º e 2º VISITAN BALAÍDOS

 

No mes de Decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria visitaron o museo do Real Club Celta de Vigo. Alí, fixeron un pequeno percorrido guiado e asombráronse cos moitos  trofeos gañados polo equipo. Tampouco faltaron as fotos en compañía da mascota do equipo.   Logo, tiveron a oportunidade de saír ao céspede do campo de Balaídos como auténticos xogadores e xogadoras.

 

Como broche final da saída, coñeceron as pistas de atletismo do Clube Celta onde puxeron en práctica o lanzamento de peso, o salto de lonxitude e tamén botaron unha carreira de 100 metros lisos. Vaia velocidade e canto desfrutaron!

MARTÍN DE LA PUENTE VISITA O CEIP DE CEDEIRA

 

O pasado luns 3 de abril, recibimos no centro a visita de Martín de la Puente, un deportista de élite que participou nos pasados xogos paralímpicos de Río 2016.

Estivo compartindo un rato de conversa amigable co alumnado do colexio en dúas sesións, nas que lles contou como conseguiu chegar a ser un gran tenista e as dificultades que tivo que superar para alcanzar as metas que se foi propoñendo e todas as persoas que lle axudaron. Demostrou ser un gran deportista e sobre todo, unha grande persoa, tendo a amabilidade de responder a todas as preguntas que o alumnado lle fixo e de ensinarlles moitos valores que  asombraron a todo o centro.

Rematou as sesións asinando autógrafos a todos os asistentes, facendo gala dunha boísima educación e unha gran paciencia.

Moitas grazas Martín, por compartir un ratiño do teu tempo con nós. Grazas!

Deixamos unhas fotos do encontro para que vexades que ben resultou.

 

 

CANCIÓN POLA PAZ 2017

 

O pasado mércores 8 de marzo, o alumnado e o profesorado do Ceip de Cedeira, cantaron e bailaron a canción: “Mensajes del agua” de Macaco como broche ao fantástico día deportivo e solidario, que comezou coa carreira solidaria para recaudar fondos para a ONG “Save the children” e rematou con esta fantástica canción, da que vos deixamos un maravilloso resumo no seguinte vídeo.

Antes da interpretación da canción, o alumnado foise colocando en círculos por cursos, formando os aros olímpicos, para o cal cada curso portaba cartolinas das diferentes cores dos aros. Durante a interpretación da canción, o alumnado levantaba as cartolinas e bailaba a canción de Macaco coa coreografía que prepararon na aula de música. Cos resultados das gravacións, o Departamento TIC elaborou este fabuloso vídeo, que xa forma parte dos arquivos da nosa canle de TV, CEDEIRA TV. Non o perdades, porque quedou fantástico e “Da gusto velos!”.

Agradecendo a participación de todos e todas, alumnado e  profesorado, agardamos que o resultado sexa do voso agrado. Deixamos o enlace ao vídeo clicando na foto.

 

Deixamos tamén o Diploma que recibiu o Ceip de Cedeira por  participar na iniciativa de Quilómetros de Solidariedade e recadar fondos para as actividades realizadas pola ONG Save the Children.

 

3º E 4º VISITAN BALAÍDOS

Aproveitando que estamos traballando o tema dos deportes, os cursos de 3º e 4º, o venres 9 de decembro fixemos unha visita ao Estadio de Balaídos e as pistas de atletismo que se atopan a carón do Estadio.

Unha persoa encargouse de levarnos polas distintas dependencias (vestiarios, sala de prensa, …e o museo, onde nos foron explicando os diferentes trofeos, fotos e recordos desde o seu inicio ata a actualidade).

O que máis lle gustou aos nenos/as foi estar no campo de xogo e ver as gradas a vista de xogador.

Nas pistas de atletismo nos mostraron diferentes aparellos para realizar algúns deportes que alí se practican.

A continuación fixemos lanzamento de peso, salto de lonxitude e unha carreira de 400m.

Rematamos a xornada con autógrafos de deportistas que alí participaban nos adestramentos.

Deixamos un pequeno vídeo que resume a visita. Agardamos que sexa do voso agrado!

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet