Novas

CANDO MERCAR O PRIMEIRO MÓBIL

 Estimadas familias: Facendo click na imaxe teredes acceso ao documento que nos envía a Asociación Érguete sobre o uso das NNTT. Agardamos que sexa de utilidade.

 

SAÍDA AO CENTRO DE RECURSOS DA ONCE DE PONTEVEDRA

 

O departamento de orientación organizou unha visita á fundación ONCE de Pontevedra para que os alumnos tivesen un maior coñecemento das actividades que se realizan nesta fundación.

Antes da saída, fíxose na aula unha charla-coloquio sobre a ONCE para ter en conta as súas ideas e coñecemento sobre esta organización previa á visita.

Xa en Pontevedra, comezouse cunha charla informativa sobre a función da ONCE seguida de varias actividades, nas que os alumnos/as intercambiaron roles de persoas con discapacidade visual e acompañantes guía, escribiron á máquina en braille e pasaron por distintos departamentos nos que se lles explicou como funcionaban os ordenadores e teléfonos móbiles para este tipo de personas, impresións e materiais adaptados,  etc.

       Foron actividades moi entretidas e cheas de valores sociais e cívicos nas que os profesionais deste centro tiveron aos alumnos motivados en todo momento acadando un maior coñecemento sobre esta fundación e concienciados sobre esta realidade tan cercana a eles.

PROGRAMA DE MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

 

Dende o pasado 13 de marzo o  CEIP de CEDEIRA conta cun equipo de mediadores e mediadoras para a resolución de pequenos conflitos que xorden na convivencia diaria do alumnado. 

 

Neste programa denominado  “Mediación entre Iguais”, un mediador ou mediadora neutral axúdalle a dúas partes en conflito a chegar a unha solución pacífica.

 

Estes dez mediadores e mediadoras foron escollidos democraticamente, tendo en conta tamén a súa vocación e súa propia vontade. Recibiron do departamento de orientación 10 sesións de formación para o desempeño desta importantísima misión. Poderás coñecelos/as clicando na imaxe.

 

Como dí o noso lema: "A mediación sempre é a solución"

 

Powered by Drupal - Design by artinet