3º Ciclo

OBRA DE TEATRO POR VIDEOCONFERENCIA... O QUE INVENTAMOS!

Como remate de curso, a profe Andrea, de audición e linguaxe, xunto co seu alumnado de 5º fixeron unha obra de teatro á que invitaron aos seus compañeiros e compañeiras da clase. A obra estivo fantástica, os actores e actrices tiñan un vestiario moi adecuado para a situación e os decorados foron moi diversos, tanto como as habitacións de cada un/unha deles/as, ja, ja, ja.

O público estivo moi entregado en todo momento, tanto que mesmo tiveron que repetir a obra por petición dos asistentes.

Un gran espectáculo!

Grazas, Andrea! Grazas Silvia, Mateo, Lucía, Xabi, Auri e Ainhoa!

PROXECTO POBOS INDÍXENAS

Neste enlace tedes a información de TV Redondela

 

 

 

OBRADOIRO DE XARDÍN

Este ano, entre os obradoiros que ofrecemos ao alumnado de 5º e 6º, introducimos un novo, o de "Xardín e Horta". Con esta nova actividade pretendemos coidar o patio tan bonito que temos e engadirlle algo de color, así como enlazar o traballo de campo co de reciclaxe e paisaxismo... Todo un reto que está dando bos resultados, se non, botade unha ollada.

 

ALUMNAS CREADORAS

Hoxe queremos que escoitedes a poesía que leron os alumnos e alumnas de 6º e que escribiu a nosa compañeira Alexandra (tamén de 6º) para enviar ao concurso escolar da ONCE. Unha verdadeira creación poética. Animádevos a participar coas vosas propias poesías.

COÑECENDO AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

 

O martes 2 de maio, recibimos a visita do clube AROMÓN – montañeiros de Pontevedra – A Roelo, que organiza e realiza carreiras de orientación, que se vai encargar de organizar unha en Redondela o vindeiro Domingo 7 de maio ás 10:00, polas rúas do centro.

O monitor contounos en qué consistían as carreiras de orientación, que material se precisaba, como interpretar os planos e que elementos hai neles e como identificar os postos de control do percorrido da carreira. Resultou moi interesante e o alumnado amosou bastante interese. Animounos a inscribirse na carreira de iniciación do domingo e a pasar un rato divertido facendo un deporte tan completo coma este.

 

SAÍDA AO CENTRO DE RECURSOS DA ONCE DE PONTEVEDRA

 

O departamento de orientación organizou unha visita á fundación ONCE de Pontevedra para que os alumnos tivesen un maior coñecemento das actividades que se realizan nesta fundación.

Antes da saída, fíxose na aula unha charla-coloquio sobre a ONCE para ter en conta as súas ideas e coñecemento sobre esta organización previa á visita.

Xa en Pontevedra, comezouse cunha charla informativa sobre a función da ONCE seguida de varias actividades, nas que os alumnos/as intercambiaron roles de persoas con discapacidade visual e acompañantes guía, escribiron á máquina en braille e pasaron por distintos departamentos nos que se lles explicou como funcionaban os ordenadores e teléfonos móbiles para este tipo de personas, impresións e materiais adaptados,  etc.

       Foron actividades moi entretidas e cheas de valores sociais e cívicos nas que os profesionais deste centro tiveron aos alumnos motivados en todo momento acadando un maior coñecemento sobre esta fundación e concienciados sobre esta realidade tan cercana a eles.

VIDEOCONFERENCIA CO CEIP OUTEIRO DAS PENAS (CESANTES)

25/04/2017 12:04
Atlantic/Bermuda

O venres 7 de abril os alumnos e alumnas de sexto fixemos unha videoconferencia co CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes. Nela presentámonos xa que hai a posibilidade de que compartamos clase o ano que vén no Instituto. Foi unha primeira toma de contacto, na que descobrimos que algúns nenos xa se coñecían por coincidir en diversas actividades, onde, tamén, contámonos que actividades facemos nos coles, que proxecto traballamos, que visitas fixemos, de que nos disfrazamos no entroido, en fin, pasada a vergonza inicial foi un intercambio do máis produtivo. Xa quedamos en mandarnos uns e-mails para presentarnos con máis detalle e tamén en vermonos no centro de Redondela antes do fin de curso para facer algunhas actividades.

ESCOITANDO TEATRO

 

Iníciase unha nova sección: Escoitando teatro, na que iremos subindo as gravacións de pequenas obras de teatro lido, preparadas polo alumnado. Con esta primeira, homenaxeamos a Castelao, que estivo de aniversario o pasado ano 2016.

A obra titúlase: "Os vellos non deben de namorarse". Escoitaredes o primeiro lance da mesma.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet